Edificio sen rematar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un edificio sen rematar é unha construción ou calquera estrutura arquitectónica (como unha casa, unha ponte, unha estrada ou unha torre) que foi abandonada, suspendida por un período de tempo ou que unicamente existe en planos.

Tamén pode referirse a un edificio no comezo da súa construción, en especial aqueles nos que esta foi atrasada ou o traballo na obra progresou a un ritmo moi vagaroso.

Moitos proxectos de construción ou de enxeñería quedaron sen terminar en diversas etapas do seu desenvolvemento. O traballo puido quedar nun plano e nunca ser realizado ou abandonado durante a súa construción.

Un dos edificios máis coñecidos aínda sen rematar é a Basílica da Sagrada Familia de Antoni Gaudí, que está situada na cidade de Barcelona. A súa construción comezou en 1882 e prevese que a data da súa finalización, tendo en conta o ritmo actual, sexa no ano 2026.

Edificios parcialmente construídos[editar | editar a fonte]

A Sagrada Familia de Barcelona é un claro exemplo dunha estrutura incompleta, que xa leva máis dun século de construción

Existen numerosos edificios que quedaron parcialmente construídos en varios países arredor do mundo, algúns dos cales poden ser usados no seu incompleto estado e outros que permanecen como unha simple casca.

Un exemplo destes últimos é o Hotel Ryugyong en Corea do Norte; finalizado habíase de converter no hotel máis alto do mundo, no sétimo edificio máis alto e no primeiro edificio fóra dos Estados Unidos en superar as cen plantas. O seu proceso de construción paralizouse debido aos seus custos e á mala integridade estrutural.

Outros edificios atópanse preto de seren rematados, aínda que pareza que o seu proceso de construción sexa inacabable, xa que se leva traballado neles décadas ou séculos inclusive.

Este é o caso da Sagrada Familia (Barcelona) de Antoni Gaudí, que comezou a súa construción en 1882 e aínda non se rematou. Os traballos retrasáronse debido á Guerra Civil Española e, ademais, durante a época franquista destruíronse os modelos orixinais e algunhas partes do mesmo edificio. Actualmente, a pesar de que a basílica está incompleta, é un dos principais destinos turísticos de Barcelona con máis de 1,5 millóns de visitantes ao ano. Gaudí pasou 40 anos da súa vida supervisando o proxecto e, desde o seu falecemento en 1926, os seus restos descansan na cripta desta igrexa.

Por outra banda, a Catedral de Colonia (en Alemaña) tardou moito máis tempo en ser construída; a obra comezou en 1248 e finalizou en 1880, cun total de 632 anos.

Edificios (e outras estruturas arquitectónicas) nunca terminadas[editar | editar a fonte]

En outros casos, as construcións avanzan moi lentamente, polo que se podería dicir que son estruturas incompletas. Por exemplo: