Economía de Trinidad e Tobago
Economía de Trinidad e Tobago | |
---|---|
Moeda | Dólar de Trinidad e Tobago |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Caricom |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 27,14 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 115ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 0,4% (2012) |
PIB per cápita | $ 20 400 (2012) |
PIB por sector | agricultura 0,3%, industria 57,8%, comercio e servizos 41,9% (2012) |
Inflación | 9,2% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 615.800 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 3,8%, industria e extracción mineral 12,8%, construción 20,4%, servizos 62,9% (2007) |
Desemprego | 5,6% (2012) |
Industrias | petróleo e derivado, gas natural, metanol, amonio, urea, produtos de aceiro, bebidas, procesamento de alimentos, cemento, téxtiles de algodón |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 13,61 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | petróleo e derivados, gas natural liquefeito, metanol, amonio, urea, produtos de aceiro, bebidas, cereais e produtos de cereais, azucre, cacao, café, froitas cítricas, verduras, flores |
Principais mercados | Estados Unidos 40,3%, Arxentina 6,9%, Chile 6,8%, Xamaica 4,9%, España 4,3% (2012) |
Importacións | 8 317 millóns (2012) |
Principais produtos importados | combustibles minerais, lubrificantes, máquinas, equipamentos de transporte, bens manufacturados, alimentos, produtos químicos, animais vivos |
Principais mercados | Estados Unidos 30,8%, Colombia 13,9%, Brasil 7,6%, Gabón 5%, Canadá 4,1% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 4 557 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Trinidad e Tobago conquistou a reputación de ser un local de investimento excelente para os negocios internacionais, e ten unha das máis altas rendas per capita da América Latina.[1] O crecemento económico entre os anos de 2000 e 2007 superou a media anual de 8%, ben por enriba do 3,7% da media de crecemento da rexión para o mesmo período.[1] A pesar diso o ritmo de crecemento diminuíu, e entre 2009 e 2011 o PIB sufriu retración, debido a caídas no prezo do gas natural e mudanzas nos mercados.[1]
A economía susténtase en boa parte no feito de que o país acadou sona como área de investimento con excelente condicións para os negocios internacionais. Alén do gas natural, o turismo é un sector en crecemento, aínda que non sexa tan importante, proporcionalmente, como en moitas outras illas do Caribe. As principais industrias son a petroquímica e a produción de produtos químicos. A economía benefíciase dunha reducida inflación, e de superávites comerciais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 17/12/2017. Consultado o 18/7/2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).