Economía de Namibia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Namibia
Moeda dólar namibio
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, SADC, SACU
Datos estatísticos[1]
PIB 14,64 mil millóns (2010)
Posición do PIB 137ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4,1% (2010)
PIB per cápita $ 6.900 (2010)
PIB por sector agricultura 9%, industria 32,7%, comercio e servizos 58,2% (2010)
Inflación 4,6% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 729.000 (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 16,3%, industria 22,4%, comercio e servizos 61,3% (2008)
Desemprego 51,2% (2008)
Industrias carne en conserva, procesamento de peixe, produtos de granxa, minería (diamante, chumbo, zinc, estaño, prata, tungsteno, uranio, cobre)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 4 227 millóns (2010)
Produtos de exportación diamante, cobre, ouro, zinc, chumbo, uranio; gando, peixe procesado, peles de animais
Principais mercados África do Sur 33,4%, Estados Unidos 4% (2006) (2006)
Importacións 5 152 millóns (2010)
Principais produtos importados alimentos, derivados de petróleo e combustíbeis, máquinas e equipamentos, produtos químicos
Principais mercados África do Sur 85,2% (2006) (2006)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 2 373 millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía de Namibia tradicionalmente dependeu da minería, principalmente explotando diamantes e uranio. Aínda que hai pequenos xacementos de cobre, estaño e chumbo. A minería representa uns 8% do PIB e máis de 50% das exportacións[1]. Os ricos depósitos aluviais fan de Namibia unha importante produtora de diamantes de calidade. O sector mineiro emprega apenas 3% da poboación, mentres metade da man de obra traballa na agricultura de subsistencia.[1]

Xeralmente o país importa 50% de súas necesidades de cereais. En períodos de seca, a escaseza de alimentos é grande nas áreas rurais. A distribución de renda (coeficiente de Gini) é a peor do mundo: 0,707 o 2003[1].

A economía do país posúe fortes ligazóns coa de África do Sur, e o dólar namibio ten taxa de cambio fixa 1 para 1 co rand.[1]

Notas[editar | editar a fonte]