Economía de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Dinamarca
Moeda coroa dinamarquesa
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OCDE, OSCE
Datos estatísticos[1]
PIB 208,5 mil millóns (2012)
Posición do PIB 54ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -0,4% (2012)
PIB per cápita $ 37 700 (2012)
PIB por sector agricultura 1,3%, industria 22,1%, comercio e servizos 76,6% (2012)
Inflación 2,6% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 13,4% (2011)
Total da forza de traballo 2.848.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 2,6%, industria 20,3%, comercio e servizos 77,1% (2011)
Desemprego 6,4% (2012)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 110,8 mil millóns (2012)
Produtos de exportación máquinas e instrumentos, carne e derivados, productos de granxa, peixe, produtos farmacéuticos, móbiles, muíños de vento
Principais mercados Alemaña 16,9%, Suecia 13,2%, Reino Unido 9,9%, Noruega 5,7%, Estados Unidos 5,5%, Países Baixos 4,9%, Francia 4,3% (2011)
Importacións 97,91 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, materias primas e semimanufacturados, produtos químicos, grans e alimentos, bens de consumo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 626,9 mil millóns (2012)
Receitas 176,5 mil millóns (2012)
Despesas 188,9 mil millóns (2012)

A economía de Dinamarca é dependente dos intercambios comerciais cos outros países e da capacidade de influencia nas conxunturas internacionais e nos factores económicos. O valor das exportacións e importacións representa cerca dun terzo do valor do PIB. Grande parte dos intercambios comerciais son feitos con países da UE (Unión Europea). O socio de comercio bilateral máis importante é Alemaña, tendo unha boa interacción económica con Suecia e Gran Bretaña. Fóra da UE, Dinamarca mantén relacións comerciais con Noruega, os Estados Unidos e o Xapón.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Dende a Segunda Guerra Mundial, as exportacións dinamarquesas expandíronse. A venda de produtos industriais superou a exportación agraria, ocupando un lugar cada vez máis importante dentro da pauta de exportacións de Dinamarca. No final dos anos 90, a exportación industrial constituíu aproximadamente o 80% do valor total das vendas ao exterior, mentres as vendas de produtos agrarios representou o 11%. As áreas de ferramentas e maquinaria forman o 26% do tamaño das exportacións industriais, os produtos químicos representa o 12% e os produtos da industria agroalimenticia, incluído carne de conserva, chega ao 4%. O forte crecemento económico de Dinamarca entre os anos 60 e 80 non se viu reflectido nun bo desempeño nos anos 90, o que influenciou nunha lixeira queda na exportación na área de servizos.

No capítulo de importacións, os principais produtos comprados son materias primas e produtos semifabricados, incluíndo a enerxía. A compra de maquinaria e equipamentos de produción para industria e comercio representa o 67% do valor total de importacións. Nos anos 80, a importación de enerxía caeu significativamente, debido ao aumento da produción interna de petróleo. Os outros 33% de importacións son de produtos de consumo, especificamente automóbiles.

Crecemento e crise[editar | editar a fonte]

En 1 de xaneiro de 1999 a Dinamarca rexeitou a adopción da moeda única europea, o Euro. Nos tres últimos anos (2004-2006) a economía do país mostrouse moi forte: o superávit acumulado das contas públicas foi de 98,5 mil millóns de coroas en 2006, ou 6% do PIB. O crecemento económico do país comenzou unha redución o 2007 co fín do boom da construción civil. A crise económica exacerbou este ciclo co aumento do custo dos empréstimos, e redución das exportación, da confianza dos consumidores e do investimento. A crise económica global reduciu en 0,9% o PIB danés o 2008 e 4,3% o 2009[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Economía de Dinamarca