Economía das Illas Salomón
| Economía de Illas Salomón | |
|---|---|
| Moeda | Dólar das Illas Salomón |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Sparteca |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 1 922 millóns (2012) |
| Posición do PIB | 193ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 7,4% (2012) |
| PIB per cápita | $ 3 400 (2012) |
| PIB por sector | agricultura 33,4%, industria 9,3%, comercio e servizos 57,4% (2012) |
| Inflación | 4% (2012) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 202.500 (2007) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 75%, industria 5%, comercio e servizos 20% (2000) |
| Desemprego | dato non dispoñíbel |
| Industrias | pesca (atún), minería, madeira |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 226,5 millóns (2010) |
| Produtos de exportación | madeira, peixe, copra, aceite de palma, cacao |
| Principais mercados | República Popular da China 52,4%, Australia 12,1%, Tailandia 4,5% (2011) |
| Importacións | 360,3 millóns (2010) |
| Principais produtos importados | alimentos, fábricas e equipamentos, manufacturados, combustibles, produtos químicos |
| Principais mercados | Australia 27%, Singapur 26,1%, República Popular da China 6,4%, Malaisia 5,8%, Nova Zelandia 5% (2011) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 166 millóns (2004) |
| Ingresos | dato non dispoñible |
| Gastos | dato non dispoñible |
A economía das Illas Salomón depende principalmente da agricultura, da pesca e da extracción forestal. As illas son ricas en depósitos minerais, principalmente chumbo, zinc, níquel e ouro.[1] A maioría da poboación das Illas Salomón depende da agricultura, pesca e/ou da explotación forestal durante polo menos parte da súa vida.[1] Segundo estimativas do ano 2000 máis do 75% da súa forza laboral dedícase á agricultura de subsistencia e a pesca.
Ata 1998, cando os prezos mundiais das madeiras tropicais caeron abruptamente, a madeira era o maior produto de exportación, e nos últimos anos, os bosques das Illas Salomón foron perigosamente sobreexplorados. Outros cultivos importantes e exportacións son a copra e o aceite de palma. En 1998, Ross Mining de Australia comezou a producir ouro na rexión de Guadalcanal. A exploración de minerais noutras áreas continúa. Con todo, a raíz da violencia étnica en xuño de 2000, as exportacións de aceite de palma e ouro cesaron, mentres que as exportacións de madeira caeron. Antes da chegada da Misión de Asistencia Rexional para as Illas Salomón - RAMSI - a intensa violencia étnica, a pechadura de importantes negocios e o vaciamento das arcas do goberno culminaron en colapso da economía.[1] Os esforzos da RAMSI con miras a restaurar a lei e a orde e deixar a situación económica estable levaron a un crecemento modesto mentres a economía era reconstruída.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 14/09/2016. Consultado o 1/6/2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).