Ebala nitidissima
Ebala nitidissima | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Debuxo da cuncha de Ebala nitidissima | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ebala nitidissima (Montagu, 1803) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Ebala nitidissima é unha especie de molusco gasterópodo da clase dos heterobranquios, infraclase dos alogasterópodos, superfamilia dos murquisoneloideos, familia dos murquisonélidos, e subfamilia dos ebalinos, unha das integradas no xénero Ebala.[1][2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1803 polo naturalista inglés George Montagu,[1] na súa obra Testacea Britannica or natural history of British shells, marine, land, and fresh-water, including the most minute: Systematically arranged and embellished with figures. Dous volumes. Londres: J. White.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2]
- Anisocycla nitidissima (Montagu, 1803)
- Eulima nitidissima (Montagu, 1803)
- Eulimella nitidissima (Montagu, 1803)
- Eulimella striata de Folin, 1870 (sinónimo dubidoso)
- Odostomia nitidissima (Montagu, 1803)
- Turbo nitidissimus Montagu, 1803 (protónimo)
Características
[editar | editar a fonte]É un animal de cor branca, que habita nos fondos lamacentos da zona infralitoral. A súa cuncha, de cor branca e até 2,5 mm de lonxitude, é aciculada, moi estreita, lisa e fráxil.[3]
A protocuncha (cuncha embrionaria dos moluscos gasterópodos),[4] está enrolada en sentido perpendicular á teleocuncha (a cuncha do adulto, de grego antigo τέλος telos, "fin", e cuncha). A sutura esta ben marcada, e abertua é ovoide.[3]
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese polo Atlántico,[3][5] incluído o Mediterráneo.[6]
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia encóntrase nas rías do golfo Ártabro, Muros e Noia e Vigo, sendo en todas elas a súa presenza moi escasa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ebala nitidissima (Montagu, 1803) no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Ebala nitidissima (Montagu, 1803) no GBIF. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Rolán & Otero 1996, p. 117.
- ↑ Protoconcha en Asturnatura.
- ↑ Gärdenfors 2010.
- ↑ Templado & Villanueva 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ebala nitidissima |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ebala nitidissima |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gärdenfors, Ulf (2010): Rödlistade arter i Sverige 2010. Uppsala: Artdatabanken i samarbete med Naturvårdsverket. ISBN 978-91-8850-635-1.
- Rolán, Emilio e Otero Schmmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-8288-072-1.
- Templado, J. e R. Villanueva (2010): "Checklist of Phylum Mollusca". pp. 148-198, en Coll, M. et al. "The biodiversity of the Mediterranean Sea: estimates, patterns, and threats". PLoS ONE 5 (8): 36.