Euríbor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "EURIBOR")
Evolución do euríbor a un ano entre os anos 1998 e 2006
Detalle da evolución do euríbor a un ano entre os anos 2001 e 2006

Euríbor (acrónimo de European Interbank Offered Rate, en galego tipo europeo de oferta interbancaria) é un índice de referencia publicado diariamente que indica o tipo de interese medio ó que as entidades financeiras se ofrecen a prestar diñeiro no mercado interbancario do euro (é dicir, a outros bancos).

Este índice é calculado pola Federación Bancaria Europea e efectúase cos datos das 24 principais entidades bancarias da zona euro. Consiste no tipo de xuro medio de contado para as operacións de depósito de euros a prazo.

Este tipo de xuro aplícase ás operacións entre bancos de Europa partindo dos prezos de oferta dos préstamos que se fan entre si os 64 principais bancos europeos; isto significa que é a porcentaxe que paga como taxa un banco cando outro lle deixa diñeiro.

Realmente o euríbor non é un so tipo, senón un conxunto deles. As entidades financeiras usan diferentes tipos de xuro segundo o prazo ao que se prestan diñeiro. Polo tanto pódese falar de euríbor a unha, dúas ou tres semanas e a entre un e doce meses. A media mensual do euríbor a un ano é a que se usa normalmente como referencia para as hipotecas. Tamén existe o tipo de xuro a un día que se denomina Eonia.

O seu valor actualízase diariamente e é publicado pola axencia Reuters. A media mensual publícase en España no BOE.

É un índice moi importante do mercado financeiro, xa que afecta, entre outras cousas, aos préstamos bancarios.

O euríbor soamente se aplica nos bancos dos Estados membros da Unión Europea que forman parte da Eurozona. Os tipos de referencia locais, como por exemplo o Pibor de París ou o Fibor de Frankfurt, xuntáronse ao euríbor o 1 de xaneiro de 1999. No caso de España, o euríbor substituíu ao Mibor a raíz do traspaso de competencias do Banco de España ao Banco Central Europeo.

Proceso de cálculo do euríbor[editar | editar a fonte]

O cálculo e publicación do valor do euríbor realizase tódolos días laborables pola axencia Reuters, de acordo ao seguinte proceso:

  1. Diariamente solicítase a cada banco de referencia que envíe os seus tipos de xuro actuais non máis tarde das 10:45 a.m.. Para iso, Reuters xera no seu sistema unha páxina privada que soamente pode visitar o banco e o persoal encargado de realizar o cálculo. De 10:45 a.m. a 11:00 a.m. (CET) os bancos teñen oportunidade de corrixir as súas contribucións se fose necesario.
  2. Ás 11:00 a.m. (CET), Reuters realiza o cálculo do novo valor do euríbor, para o cal elimina o 15% máis alto e o 15% máis baixo dos tipos de xuro recolectados e realiza a media aritmética do resto de valores. O resultado redondease ao número de 3 decimais máis próximo ao valor do promedio.
  3. Tralo cálculo, Reuters publica instantaneamente o tipo de referencia euríbor nas páxinas 248-249 do seu sistema Telerate, que están dispoñibles para tódolos seus subscritores e axencias de información. Ao mesmo tempo se publican os tipos de xuro empregados no cálculo, co fin de conservar a transparencia do proceso.

O histórico de datos do euríbor pode conseguirse nas páxinas 47860-47866 (EURIBORRECAP01/EURIBORRECAP08) do sistema Reuters por un período dun mes, ou consultarse na páxina do euríbor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]