Google Play

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma lanzada o 28 de agosto de 2008 e a súa última versión é a 10.2.06, actualizada o 25 de maio do 2018. O sistema operativo utilizado é Android. Esta distribúe dixitalmente aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, tal e coma unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Permite aos usuarios navegar e descargar aplicacións, xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros. As aplicacións atópanse dispoñibles de forma gratuita, así como tamén con coste que se descargan directamente a través desta plataforma.

En marzo do 2012 Android Market fusionouse con Google Music e foi renomeado como Google Play. Un ano mais tarde, aununciouse que esta rede de compras sobrepasara o millón de aplicacións publicadas con máis de 50 mil millóns de descargas.

Google Play
Logo de Google Play.
Desenvolvedor(es) Google
Lanzamento inicial 22 de outubro de 2008
Última versión estable 10.2.06-all [0] [PR]197926756

25 de maio do 2018

Xénero Distribución dixital, tenda en liña
Sistema operativo Android
Licenza Propietaria
Estado actual Con soporte
Idiomas Multilíngüe

Contidos[editar | editar a fonte]

Aplicacións[editar | editar a fonte]

En Google Play atópanse dispoñibles tanto aplicacións gratuitas como de pago, podendo ser instaladas dende o dispositivo ou dende a páxina web de Google Play. Os ususarios tamén poden instalar aplicacións a través do sitio web do desenvolvedor ou mediante tendas de distribución dixital alternativas. As aplicacións poden ser actualizadas automáticamentese o usuario así o establece, ou poden facelo manualmente unha a unha.

O 17 de marzo de 2009, arredor de 2300 aplicacións estaban dispoñibles en Android Market, de acordo có director técnico de T-Mobile Cole Brodman. O 10 de maio de 2011, durante Google I/O, Google anunciou que en Android Market figuran 200 000 aplicacións e foron instaladas 4 500 000 000 veces.

Ano Mes Aplicacións dispoñibles Descargas ata a data
2009 Marzo 2 300
Decembro 16 000
2010 Marzo 30 000
Abril 38 000
Agosto 80 000 1 000 millóns
Outubro 38 000
2011 Maio 200 000 4 500 millóns
Xullo 250 000 6 000 millóns
Outubro 319 000
Decembro 380 297 10 000 millóns
2012 Xaneiro 400 000
Outubro 675 000
2013 Xaneiro 800 000
Xullo 1 000 000 50 000 millóns

Aplicación Play Store[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Google creou Android Market o 28 de agosto de 2008 e puxoo á disposición dos usuarios o 22 de outubro de 2008. Introduciuse soporte para as aplicacións de pago o 13 de febreiro de 2009 para os desenvolvedores de Estados Unidos e do Reino Unido, coa axuda adicional de 29 países o 30 de setembro de 2010.