Dubravka Ugrešić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dubravka Ugrešić
DubravkaUgresic.jpg
Nacemento27 de marzo de 1949
Lugar de nacementoKutina
Falecemento17 de marzo de 2023
Lugar de falecementoÁmsterdam
NacionalidadeRepública Federal Popular de Iugoslavia, República Federal Socialista de Iugoslavia, Croacia e Reino dos Países Baixos
EtniaPobo croata
Alma máterInternational Writing Program e Universidade de Zagreb
Ocupacióntradutora, novelista, escritora de literatura infantil, escritora de non ficción, profesora universitaria, escritora, membro da resistencia, guionista e ensaísta
PremiosNIN Prize, Meša Selimović Prize, Heinrich Mann Prize, Prix Européen de l'Essai Charles Veillon, Preis der SWR-Bestenliste, Verzetsprijs van de Stichting Kunstenaarsverzet, Otherwise Award, Jean Améry award, Austrian State Prize for European Literature, Manès-Sperber-Preis, Neustadt International Prize for Literature e City of Zagreb Award
Na rede
https://www.dubravkaugresic.com
IMDB: nm0880111 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dubravka Ugrešić, nada en Kutina, Iugoslavia, o 27 de marzo de 1949 e finada en Amsterdam o 17 de marzo de 2023, foi unha destacada escritora de orixe croata[1] que viviu nos Países Baixos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ugrešić naceu en 1949 en Kutina (Croacia, entón Iugoslavia). Estudou Literatura comparada e Lingua e Literatura rusa na Universidade de Zagreb, compaxinando os seus estudos coa súa actividade como escritora.[2]

A súa novela máis coñecida na antiga Iugoslavia foi Štefica Cvek u raljama života (Estefi nas fauces da vida), unha irónica novela posmodernista que xoga libremente cos clichés e os estereotipos da literatura e a cultura triviais. A novela foi un éxito inmediato e foi levada ao cine en 1984 baixo o título U raljama života, película dirixida por Rajko Grlić. En 1989, Ugrešić uniuse á Asociación para unha Iniciativa Democrática de Iugoslavia, un partido político marxinal que se opuña á independencia de Croacia.

En 1991, co estalido da guerra na antiga Iugoslavia, Ugrešić tomou unha firme postura antibelicista e antinacionalista. Escribiu criticando duramente o nacionalismo (tanto croata como serbio), a estupidez e a criminalidade da guerra; e pronto se converteu en branco dos medios de comunicación nacionalistas croatas, que a catalogaron como "traidora", "inimigo público" e "bruxa".[2]

Por estes motivos, abandonou Croacia en 1993 e continuou escribindo no exilio.[3] A súa escritura foi descrita como accesíbel, intelixente, innovadora e cunha forte carga política e emocional.

Ugrešić viviu en Ámsterdam como escritora independente. De cando en vez daba clases en universidades americanas e europeas, e ocasionalmente escribía para algúns xornais e revistas literarias europeas.

Non ten obra traducida ao galego.

Premios[editar | editar a fonte]

Recibiu varios premios literarios e o recoñecemento internacional polos seus escritos. Na ex Iugoslavia foi galardoada cos premios NIN, Meša Selimović e K.Š. Gjalski entre outros. Tamén recibiu os seguintes premios internacionais:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Postcards from Europe: Dubravka Ugrešić as a Transnational Public Intellectual, or Life Writing in Fragments[1]
  2. 2,0 2,1 Official website «Short Bio Arquivado 18 de outubro de 2007 en Wayback Machine
  3. Editorial Anagrama «Dubravka Ugresic»