Drevlianos
A tribo dos drevlianos (en ucraíno: Деревляни, en ruso: Древляне) foi un pobo eslavo oriental, veciño de Kíiv, que existiu entre os séculos VI e X.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da tribo deriva do eslavón (ou eslavo meclesiástico antigo) древо ou дерево, que significa "árbore". Déuselles este nome porque vivían habitualmente nos bosques.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]Habitaron os territorios de Polesia e da "marxe dereita de Ucraína" (basicamente, os territorios comprendidos entre os ríos Dniéster e Dniéper e, polo norte, o río Prípiat). Polo oeste, os territorios dos drevlianos alcanzaban o río Sluch, onde vivían os volinios e os buzhanos. Cara ao norte, os veciños dos drevlianos eran os dregovichs.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Os drevlianos deixaron numerosas pegadas arqueolóxicas, de plantacións agrócolas, restos de habitáculos (covas), túmulos, vilas fortificadas (como Ovruch), restos dun asentamento en Gorodsk, cerca de Malyn, que sería a suposta residencia do príncipe drevliano Mal.
Historia
[editar | editar a fonte]A capital dos drevlianis era Iskorosten (hoxe Korosten), onde os restos arqueolóxicos son aínda visíbeis. Contra a fin do primeiro milenio, os drevlianos vivían da agricultura e do artesanado.
Os drevlianos sempre opuxéronse firmemente a toda tentativa de inclusión na Rus de Kíiv. Segundo as crónicas do tempo dos fundadores lendarios de Kíiv, Kij, Scek e Khoriv, os drevlianos tiñan as súas propias leis principescas e estabam frecuentemente en guerra cos polanos orientais.
Foron sometidos en 883 polo príncipe varego da Rus de Kíiv Oleg o Sabio, pero frecuentemente se rebelaban. Despois da súa conquista polos rus', a cidade foi queimada e a capital transferida a Ovruch.
En 907 tomaron parte na guerra entre a Rus' e os bizantinos.
Tras da morte de Oleg en 912, os drevlianos deixaron de pagar tributo á Rus. O señor varego Sveneld lles facía pagar tributo para el mesmo. O sucesor de Oleg, Ígor, tratou de aparatar a tribo de Sveneld no seu propio beneficio, pero foi morto cando os drevlianos se rebelaron en 945.
A súa viúva e sucesora, Olga, vingou a morte do seu esposo matando a varios embaixadores e nobres drevlianos, e incendiou varioas cidades, etre elas a capital Iskorosten. O territorio foi de contado transformado nun apanaxio (especie de feudo de Kíiv. Os drevlianos foron case exterminados no século X.
A derradeira mención ao seu nome corresponde ao ano 990, na Crónica de Néstor.[1], escrita contra 1120.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Klimenko, Michael (1969): Ausbreitung des Christentums in Russland seit Vladimir dem Heiligen bis zum 17. Jahrhundert: Versuch einer Übersicht nach russischen Quellen. Berlin & Hambourg: Lutherisches Verlagshaus, p. 123
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wixman, Ronald (1984): The Peoples of the USSR. Nova York: M. E. Sharpe Inc. ISBN 0-87332-203-7. [1]