Doune
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Coordenadas: 56°11′24″N 4°03′11″O / 56.19, -4.053

Doune é unha viliña do distrito de Stirling, na parroquia de Kilmadock, pero pertencente ao condado de Perthshire, en Escocia. En toda a parroquia, da que Doune é o único núcleo de importancia, hai 2003 habitantes (censo de xaneiro de 2004).
Descrición[editar | editar a fonte]
O edificio principal de Doune é o seu castelo, unha fortaleza do século XIV onde se rodou boa parte do filme Monty Python and the Holy Grail, do grupo humorístico británico Monty Python.
Ademais, a sona principal de Doune vénlle pola súa artesanía de pistolas. Moitas delas son agora pezas de colección e pertencen aos museos bélicos e de historia do mundo, coma o Museo de Escocia, en Edimburgo. Dise, por exemplo, que foi unha pistola de Doune a que primeiro disparou na Guerra da independencia estadounidense.
As terras da parte oriental de Doune perténcenlle á nobre familia dos Stirling of Kier, do clan Stirling. Deles foi David Stirling, militar británico durante a segunda guerra mundial e fundador do Special Air Service. Na estrada que vai cara a Dunblane, preto das súas propiedades, hai unha estatua de homenaxe a David Stirling.
Doune é un deses lugares, coma Os Peares de adscrición administrativa confusa. Pertence ao concello de Stirling, pero ao mesmo tempo ao condado de Perthshire, ao que non pertence o resto do concello. Ademais, postalmente depende do distrito de Falkirk.
En Doune desenvólvese a Doune Speed Hillclimb, unha das máis importantes carreiras campo a través de Escocia.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Doune ![]() |