Dos días do porvir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dos días do porvir
Título orixinalA Story of the Days To Come
Autor/aH. G. Wells
OrixeReino Unido
Linguainglés
Tema(s)Distopía
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United Kingdom.svg The Pall Mall Magazine
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Flag of the United Kingdom.svg 1899
Galicia 2018
Páxinas140
ISBNISBN 978-84-946538-6-5
TraduciónAlejandro Tobar

Dos días do porvir[1][2] (en inglés: A Story of the Days To Come) é unha novela do británico H. G. Wells publicada por vez primeira entre os meses de xuño e outubro de 1899 nos sucesivos números de The Pall Mall Magazine. Máis tarde sería compilada como parte da colección Tales of Space and Time.

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018.[1]

Trama e características[editar | editar a fonte]

Está dividida en cinco capítulos: "The Cure for Love", "The Vacant Country", "The Ways of the City", "Underneath" e "Bindon Intervenes".

Conta a historia de dous amantes, Elizabeth e Denton, no Londres distópico do século XXII. Explora as implicacións dunha urbanización excesiva e do sistema de clases; así mesmo, aborda temas como o progreso tecnolóxico en campos coma a medicina, as comunicacións, o transporte ou a agricultura.

Como tamén sucede en When the Sleeper Wakes, publicada o mesmo ano, o relato establece continuas comparanzas entre a época vitoriana e a cidade futura a douscentos anos vista: un Londres poboado por 30 millóns de persoas, no que as clases desfavorecidas residen no subsolo mentres que a media e alta o fan en rañaceos e hospedaxes colectivas. Unha serie de plataformas móbiles interconectan a cidade, tanto por vía aérea coma pola superficie, onde se acadan altas velocidades; pola contra, o medio rural amósase en estado de abandono.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]