Saltar ao contido

Don't Mess Up My Tempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don't Mess Up My Tempo
Álbum de EXO
Publicado2 de novembro de 2018
Duración39:16
Xénero(s)K-pop, R&B
Selo(s)SM, iriver
Cronoloxía
Countdown (EP)
(2018)
Don't Mess Up My Tempo Exo Planet #4 – The EℓyXiOn [dot]
(2019)

Don't Mess Up My Tempo é o quinto álbum de estudio do grupo surcoreano EXO. Foi lanzado o 2 de novembro de 2018 baixo o selo discográfico de SM Entertainment.[1] O membro Lay participa na versión chinesa do tema principal, "Tempo", sendo esta a súa primeira aparición xunto ao grupo dende o EP de inverno For Life.[1] O álbum foi producido en catro versións distintas: Allegro, Moderato, Andante e Vivace, cuxos nomes proveñen de diversos tipos de tempo.[2] O álbum debutou no primeiro posto no Gaon Album Chart. Posteriormente, o 13 de decembro de 2018 o grupo lanzou unha reedición do álbum titulado Love Shot.

Antecedentes e lanzamento[editar | editar a fonte]

Don't Mess Up My Tempo é o quinto álbum de estudio en coreano de EXO e sexto en total. Foi lanzado tras o primeiro álbum de estudio en xaponés do grupo, Countdown, presentado en xaneiro de 2018. O seu anterior lanzamento coreano foi o EP Universe, en decembro de 2017.[1] En outubro de 2018 anunciouse que o álbum é o primeiro dende Ex'Act en 2016 en incluír a Lay, que ata o momento non participou nas actividades do grupo debido á súa carreira na China.[1] Lay participou na gravación da versión chinesa do tema principal, Tempo, e tamén aparece no vídeo musical.[3]

O 21 de outubro, un vídeo curto de 30 segundos chamado Tempo Concept foi publicado como adianto do álbum nas redes sociais de EXO, [4] no que os membros podían ser vistos coma unha pandilla de moteiros, acompañados dun fragmento do tema principal do álbum, Tempo. O grupo cambiou os avatares das súas contas en redes sociais por cubos vermellos, e revelou un poster cun subtítulo que di "Os moteiros que aman a velocidade entran ao fragmento do tempo conxelado mentres ingresan dentro do cubo vermello. Resolver o puzle dado é a única ruta de escape para todos. Con todo, os moteiros non poden resistir a tentación e entran de novo no cubo." [5]

Os subtítulos tamén aparecían no xogo interactivo "Circuit EXO",[6] dispoñíbel unicamente no período promocional. Nel se apreciaba unha motocicleta correndo por un circuíto de carreiras con forma de "EXO". Para deter a motocicleta, os fans debían escribir o número do xerséi do membro de EXO cuxo teaser fora revelado no mesmo día.[7] Tras poñer o númer correcto, a moticicleta se detería e un cubo vermello aparecería sobre ela. Tras pulsar nel, novas imaxes exclusivas se revelaban.

SM Entertainment comezou a publicar adiantos o 22 de outubro dende as contas oficiais de EXO en redes sociais.[8] O deseño e contido de tres versións do álbum foron revelados ao día seguinte.[9] O 31 de outubro publicouse un adianto do vídeo musical de Tempo[10] xunto a dous posters: un que incluía aos nove membros do grupo e outro que só incluía o texto "Principio = Fin".[11] O álbum e o vídeo musical da versión coreana do tema principal foron finalmente publicados o 2 de novembro, tanto en dixital coma en físico.[12] O vídeo musical da versión china de Tempo foi lanzado horas despois.

O 11 de novembro de 2018 Kai e Suho anunciaron que a reedición do álbum non incluiría a Lay.[13] O título de dita reedición, Love Shot, foi revelado o 3 de decembro do mesmo ano. SM Entertainment comezou a publicar adiantos dende o 6 de decembro nas contas oficiais de EXO en redes sociais.[14] O álbum reeditado e o vídeo musical de Love Shot foron lanzados o 13 de decembro de 2018.[15][16]

Música[editar | editar a fonte]

Don't Mess Up My Tempo presenta once cancións de diferentes xéneros. A canción principal "Tempo" descríbese como un tema dance inclinado ao hip-hop que amosa harmonías a capela cunha letra que advirte de non "alterar o seu tempo" cun amante.

"Sign" es unha canción electropop cun baixo intenso e letras expresando a crecente dúbida dun home debido ás mentiras da muller que ama.[17] A terceira canción "Ooh La La La" é un tema de pop latino, que combina un baixo 808 pesado e unha atmosfera "exótica" dunha guitarra española. A letra da canción fala do amor que xorde tras o contacto visual accidental entre dúas persoas.[18] "Gravity" é outro tema de electropop cun son retro e ritmo funky producido polo dúo británico LDN Noise. A letra foi, en parte, escrita por Chanyeol, e describe o desexo de capturar a atención dunha chica con gravidade e encanto.[19] Outra interpretación posíbel da letra é a axitación emocional dun home tras ruptura amorosa cunha parella que, supostamente, duraría ata a eternidade.[20]

"With You" é unha canción de R&B e pop cun sintetizador brillante e elementos de electro-trap. Chanyeol participou na escritura e composición do tema. A letra trata sobre un amor que crece canto máis tempo se pase cunha persoa.[21] "24/7" é unha canción cun son moderno e frases pegadizas. Kenzie participou na letra, que expresa emocións complexas tras dicir "palabras frías" á súa parella.[22] "Bad Dream" se caracteriza coma un tema de ritmo rápido cun riff de guitarra sofisticado e unha melodía dinámica dun sintetizador. A letra trata sobre unha persoa que pensa sobre á súa exparella pola noite, comparando a situación cunha tormenta.[23]

"Damage" é un tema dance e hip hop cun baixo forte e un ritmo de reggae, cuxa letra expresa a reacción fría que unha persoa sente tras ser lastimado polo seu amor, e que devolve a dor que experimentou como un "relámpago súbito".[24] "Smile On My Face" é descrita coma unha balada de R&B con melodías suaves e simples, cunha letra sobre sanar a dor propia despois dunha ruptura amorosa, sorrindo e "deixando ao seu amor marchar".[25] A última canción "Oasis" é unha canción pop cunha combinación de piano staccato e cordas, un baixo 808 pesado e unha gran harmonía.[26]

Love Shot inclúe novas cancións, coma o tema principal "Love Shot" (en coreano e chino) que é descrito coma un tema dance pop cun retrouso adictivo e un baixo 808 pesado. Os membros Chen e Chanyeol participaron na escritura da letra que fala da esperanza de estar xuntos e redescubrir o significado do verdadeiro amor, que parece desaparecer cada vez máis dun mundo lúgubre.[27]

"Trauma" é un tema de tempo rápido cunha letra que expresa a intención de superar a dor que un sente, mentres que "Wait" é descrito coma unha balada R&B, cunha melodía dunha guitarra acústica que harmoniza coas voces dos membros.[28]

Promoción[editar | editar a fonte]

O 1 de novembro, EXO realizaron unha rolda de prensa na que fixeron unha sesión de escoita previa a Don't Mess Up My Tempo e falaron do seu regreso coma grupo, da produción do álbum e das prevendas que superaron 1,1 millón de copias vendidas.[29][30][31] EXO comezou promocionando o tema principal "Tempo" xunto a "Ooh La La La" en programas de música surcoreanos o 2 de novembro.[32] O mesmo día, o grupo realizou un showcase en directo no Paradise City de Incheon, onde falaron do seu disco e interpretaron catro cancións, "Ooh La La La", "Smile On My Face", "24/7" e "Tempo".[33][34][35]

O 10 de novembro, Exo celebrou un evento de firma de discos no SMTown COEXartium,[36] e un segundo evento de firma de discos o 16 de novembro no GLAD Hotel Grand Ballroom.[37] A terceira firma de discos tivo lugar en Gangnam no White Hall Art Theater o 18 de novembro.[38]

EXO fixo a súa primeira actuación musical do tema principal do álbum reeditado, Love Shot, o 14 de decembro.[39] Un día despois, o grupo fixo unha firma de discos en Seocho no White Wave Art Center.[40] O 20 de decembro, EXO celebrou un evento para fans chamado 0xFESTA by SK Telecom, no que interpretaron "Tempo", "24/7", "Love Shot" e "Wait".[41] A última firma de discos para Love Shot tivo lugar en Samseong-dong o 21 de decembro.[42]

Desempeño comercial[editar | editar a fonte]

O 31 de outubro de 2018, 28 días após a apertura de prevendas, foi anunciado que Don't Mess Up My Tempo superaba a cifra de 1,1 millóns de prevendas.[43] O álbum debutou no posto número un no Gaon Album Chart na semana do 3 de novembro de 2018. A día 11 de novembro, as vendas do álbum cifrábanse en 1.179.997 millóns de copias, oficialmente convertendo a EXO nun grupo capaz de vender un millón de copias dun álbum cinco veces, e no primeiro acto en Corea do Sur en vender ao redor de 10.000.000 copias en total a través de todos os seus álbums.[44] Finalmente se converteu no álbum mellor vendido de novembro de 2018 no Gaon Album Chart cunha cantidade total de 1.195.334 de vendas.[45] O álbum foi certificado "Million" por Gaon o 10 de xaneiro de 2019.[46]

O álbum tamén alcanzou o éxito internacional ao debutar no número 23 do Billboard 200 dos EE.UU., convertendo a Don't Mess Up My Tempo no álbum mellor posicionado de EXO nos Estados Unidos. Conseguiu vender 23.000 unidades equivalentes a álbums, incluíndo 19.000 vendas puras de álbums.[47] EXO converteuse no terceiro grupo de K-pop en conseguir posicionar un álbum no top 40 do Billboard 200 dos Estados Unidos.[47]

O álbum reeditado debutou no número un do Gaon Album Chart durante a semana do 15 de decembro de 2018. Ademais, alcanzou o posto número 8 na lista Billboard World Albums Chart e o número 3 no Oricon Chart en Xapón. En febreiro, o álbum recibiu a certificación KMCA Double Platinum.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos
Ano Premio Categoría Título Resultado
2019 Golden Disc Awards Disc Bonsang Don't Mess Up My Tempo Gañador [48]
Philippine K-pop Awards Álbum do ano Gañador [49]
Gaon Chart Music Awards Álbum do ano - 4º trimestre Gañador [50]
Love Shot Nomeado [51]
Mnet Asian Music Awards Álbum do ano Don't Mess Up My Tempo Nomeado [52]
Clasificacións de crítico selecto
Publicación/de crítico Lista Rango Ref.
Billboard 20 mellores álbums de Kpop de 2018 5
25 mellores álbums de K-pop dos 2010 16
Idolator 10 mellores álbums de K-Pop de 2018 4 [53]
MTV 18 mellores B-sides de K-Pop 2018 (para "Gravity") 3 [54]
Rodando Pedra India 10 mellores álbums de Kpop de 2018 5
Refinery29 12 mellores álbums de Kpop de 2018 4 [55]
Bravo Mellores álbums de Kpop do ano 5 [56]

Listaxe de pista[editar | editar a fonte]

Créditos adaptados de Spotify, Apple Music e Naver . [57]

N.º TítuloArrangement Duración
1. "Tempo"  
  • Orange Factory Music
  • Jamil "Digi" Chammas
3:44
2. "Sign"  
  • The Underdogs (record producers)
  • The Underdogs
  • Kevin Randolph
3:13
3. "Ooh La La La"   3:07
4. "Gravity"  
  • LDN Noise
3:54
5. "With You"  
  • Sons of Sonix
3:08
6. "24/7"  
  • The Wavys
  • The Wildcardz
4:03
7. "Bad Dream"  
  • Mike Daley
  • Mitchell Owens
3:56
8. "Damage"  
  • LDN Noise
3:29
9. "Smile On My Face"  
  • Brian Kennedy (record producer)
  • Brian Kennedy
3:38
10. "Oasis"  
  • Rice N' Peas
3:14
11. "Tempo" ((节奏) (versión chinesa))
  • Orange Factory Music
  • Jamil "Digi" Chammas
3:44

 

Vendas[editar | editar a fonte]

Rexión Vendas Total
DMUMT Love Shot
Xapón (Oricon)[58] 64.613 64.613
Corea do sur (Gaon)[59] 1.452.030 513.512 1.965.542
Estados Unidos (Nielsen) 50.000 50.000

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Edición Rexión Data Formato Etiqueta
Don't Mess Up My Tempo Corea do sur 2 de novembro de 2018 CD, descarga dixital, streaming SM Entertainment, iriver
Estados Unidos
Varios Descarga dixital, streaming SM Entertainment
Love Shot Corea do sur 13 de decembro de 2018 CD, descarga dixital, streaming SM Entertainment, iriver
Estados Unidos
Varios Descarga dixital, streaming SM Entertainment

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "엑소, 11월 2일 컴백 확정…화려한 귀환 예고 [공식입장]" [EXO, finalmente volve o 2 de novembro ... Noticia de retorno colorido [posición oficial]]. Osen (en coreano). 4 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 4 de outrubro de 2018. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  2. "알라딘: 엑소 - 정규 5집 DON'T MESS UP MY TEMPO [버전 3종 중 랜덤발송]". Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2018. Consultado o 4 de outrubro de 2018. 
  3. Herman, Tamar (4 de outubro de 2018). "EXO lanzará o álbum 'Don't Mess With My Tempo' en novembro". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2018. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  4. "Twitter @weareoneEXO". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  5. Herman, Tamar (22 de outubro de 2018). "EXO vólvense moteiros no vídeo-adianto de 'Tempo' antes do lanzamento do seu novo álbum.". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  6. "EXO circuit". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  7. K-Pop Amino, "Exo's numbers meaning revealed" Arquivado 25 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
  8. "Twitter @weareoneEXO". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  9. "Twitter @weareoneEXO". Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  10. "EXO 엑소 'Tempo' MV Teaser". YouTube. 31 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2018. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  11. "컴백 D-1 'K-POP 킹' 엑소, 누적 음반판매량 1,000만장 카운트다운 돌입!" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  12. "EXO 엑소 'Tempo' MV". YouTube. 2 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  13. "EXO 엑소 'Tempo' MV". YouTube. 2 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  14. "EXO 엑소 'Love Shot' MV Teaser #1". YouTube. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro 2018. Consultado o 8 de decembro 2018. 
  15. "엑소, 13일 5집 리패키지 'Love Shot' 발표..인기 질주 이어간다 [공식입장]". entertain.naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro 2022. Consultado o 8 de decembro 2018. 
  16. "EXO to return with repackaged album on Dec. 13". Kpop Herald. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro 2018. Consultado o 8 de decembro 2018. 
  17. ""글로벌 비주얼"…'컴백' 엑소 찬열, 임팩트 강한 티저" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  18. ""비주얼 신세계"…엑소 카이, 컴백 앞둔 강렬한 눈빛 [Oh!쎈 컷]" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  19. ""원득이 아닌 엑소 디오"…컴백 티저 공개" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  20. "The Unyielding Pull of Love: EXO's 'Gravity'" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2024. 
  21. ""시선 올킬"…엑소 백현, 한층 시크해진 매력 [Oh!쎈 컷]" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  22. "엑소 시우민, 빠져들 수밖에 없는 블랙홀 매력…티저 공개 화제" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  23. ""매력 부스터 풀장착"..엑소 세훈, 컴백 티저 공개[Oh!쎈 컷]" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  24. ""눈빛으로, 강렬하게"…엑소 첸, 감각적인 티저 공개" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  25. "'왕의 귀환' 엑소, 컴백 분위기 뜨겁다…레이 티저 공개" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  26. "엑소, 수호 티저 공개 화제 '압도적인 눈빛+거친 분위기'" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  27. "'K팝의 왕' 엑소, 신곡 'Love Shot'으로 연말 가요계 정조준 예고". entertain.naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2021. Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  28. "엑소, 한류 대표 아이돌이 돌아온다! 정규 5집 리패키지 'LOVE SHOT' 컴백 D-3". entertain.naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2018. Consultado o 10 de decembro de 2018. 
  29. "엑소 "오랜만의 정규앨범, 새로운 콘셉트로 템포 UP"" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  30. "엑소 "타이틀곡 퍼포먼스 쉴 틈이 없다…남자다움 보일 것'". sports.donga.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  31. "엑소 '오토바이 운전면허 아무도 없다, MV엔 라이더처럼 나와 뿌듯'" (en coreano). 1 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  32. "'뮤직뱅크' 엑소, 1년만에 완전체 컴백 포문 '템포'" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  33. "엑소, 오늘(2일) 컴백 데이..음반-음방-쇼케이스까지" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  34. "[V라이브] 엑소(EXO), 정규4집 '템포' 컴백 "보고싶었어요"(종합)" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  35. "16억 터졌다…엑소 쇼케이스, 글로벌이 지켜본 '왕의 귀환' [V라이브 종합]". No 1. 축구전문 콘텐츠 기업 스포탈코리아. 2 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  36. "EXO-The 5th Album [DON'T MESS UP MY TEMPO] 발매기념 사인회 – 삼성동". exo.smtown.com. 4 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  37. "EXO-The 5th Album [DON'T MESS UP MY TEMPO] 발매기념 사인회 – 여의도". SMTOWN. 8 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  38. "HOTTRACKS - 생활 속 감성충전소". Hot Tracks (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  39. "'뮤직뱅크' 엑소, '러브샷'으로 컴백…치명적 매력에 다시 한번". entertain.naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  40. "EXO The 5th Repackage Album [LOVE SHOT] 발매기념 사인회 - 서초". SMTOWN. 10 de decembro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  41. "고생한 수험생들에게 SKT가 쏜다는 초.대.박.선.물 '0 X FESTA with EXO'". 디스패치 (en coreano). 23 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 20 de decembro de 2018. 
  42. "EXO The 5th Repackage Album [LOVE SHOT] 발매기념 사인회 - 삼성동". SMTOWN. 16 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  43. "엑소, 정규 5집 선주문량 110만장 돌파…자체 최고 수치 경신" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  44. "엑소, 국내 누적 1천만장 돌파..퀸터플 밀리언셀러 동시 등극 [공식입장]" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  45. "November 2018 Album Chart". Gaon Chart. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2020. 
  46. "Gaon Chart Certification". Gaon Chart. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2020. 
  47. 47,0 47,1 Benjamin, Jeff (13 de novembro de 2018). "EXO Earn First Top 40 Entry on Billboard 200 With 'Don't Mess Up My Tempo'". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  48. "Ikon, BTS and more bag grand prizes at 33rd Golden Disc Awards.". 
  49. "Winers at 10th Philippine K-pop awards". Manila Bulletin. 
  50. "[종합] '음원평정 K팝 대표, 새 출발을 예견하다' 2019 가온차트 뮤직 어워즈 성료" (en coreano). 
  51. "8th Gaon Chart Music Awards Nominees and categories". 
  52. "List of official nominees for 2019 MAMA Awards". The Philippine Star. 
  53. "10 Best K-pop albums of 2018". Idolator. 
  54. "Best K-pop B-sides songs of 2018". MTV. 
  55. "Best K-pop albums of 2018". Refinery29. 
  56. "Das sind die zehn besten K-Pop-Alben des Jahres". Bravo (en alemán). 
  57. "Don't Mess Up My Tempo, the 5th album". Apple Music. Apple Music. 2 November 2018. Archived from the original on 3 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018.
  58. "오리콘 위클리 싱글/앨범/DVD/블루레이 차트 1~100위 (갱신완료)". 
  59. "Don't Mess Up My Tempo" Cumulative sales: