Staccato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Staccato.

Staccato, na notación e na interpretación musical, fai referencia a un tipo de articulación na cal as diferentes notas afectadas polo staccato quedan separadas entre elas por unha pausas, inexistentes na notación pero reais na interpretación que toman unha parte do tempo asignado a cada nota na notación, de xeito que o tempo real queda acurtado. Pero este efecto non se reflicte nin no ritmo da obra nin no volume.

O staccato aplícase polo xeral a notas de breve duración e moi raramente a aquelas que superan un tempo. A forma habitual de indicar o staccato é cun punto por riba da nota nos casos no que a plica é inferior, e cun punto por baixo se esta é superior.

Without staccato.ogg Pasaxe interpretada sen staccato With staccato.ogg A mesma pasaxe con staccato

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allen, Michael, Robert Gillespie, and Pamela T. Hayes. Essential Elements For Strings: A Commprehensive String Method. Vol. 1. Milwaukee: Hal Leonard Corporation, 1994.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]