Domingo Villar Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo fala do médico nado en 1843 e finado en 1912, para o escritor de novela negra nado en 1971 véxase o artigo "Domingo Villar".
Infotaula de personaDomingo Villar Vázquez
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1912 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Domingo Villar Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1843 e finado na Coruña o 4 de xaneiro de 1912, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

"Remembranzas da terra. Un sono".

Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como médico durante once anos en Galicia e Asturias. Marchou a Arxentina en outubro de 1881. Revalidou o título na Universidade de Buenos Aires, estableceuse en Córdoba, pero tivo que trasladarse a Mendoza en 1883, onde foi director-médico do Hospital da Policía e Tribunales, da Escola Nacional de Agricultura, e inspector xeral da obra de saneamento da provincia, director de Hixiene Pública e conselleiro de Hixiene. Combateu as epidemias que asolaban a provincia. Entre 1891 e 1895 exerceu de médico dos pobres, aos que atendía gratuitamente. Regresou a Galicia coa familia en 1889 e recorreu varias capitais europeas. Retornou novamente a Arxentina retomando o seu traballo en Mendoza.[1] En 1906 retornou a Galicia,[2] instalándose na Coruña, onde viviu os últimos anos. Finou na Coruña o 4 de xaneiro de 1912.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Escribiu Remembranza da terra. Un sono, que Uxío Carré Aldao incluíu na súa Antología,[4] e publicou algúns artigos en El Eco de Galicia a partir de 1894.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Francisca Álvarez de Ron.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dr. D. Domingo Villar", El Eco de Galicia, 10-3-1898, p. 1-2.
  2. El Correo de Galicia, 2-7-1906, p. 3.
  3. La Voz de Galicia, 5-1-1912, p. 1,3.
  4. Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura gallega. pp. 211-213. Barcelona. Maucci.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]