Domenico Agostino Vandelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Domenico Agostino Vandelli
Possível imagem de Domingos Vandelli (Museu Nacional Machado de Castro).png
Posíbel imaxe de Domenico Vandelli
nun azulexo portugués do século XVIII
Nacemento8 de xullo de 1735
Lugar de nacementoPadua, República de Venecia
Falecemento27 de xuño de 1816
Lugar de falecementoLisboa, Reino de Portugal
Nacionalidadeveneciana
Alma máterUniversidade de Padua
Ocupaciónnaturalista
PaiGirolamo Vandelli
Linguaitaliano, latín, portugués
EstudosDoutor en Medicina
OrganizaciónUniversidade de Coímbra
PremiosMembro da Academia das Ciências de Lisboa
editar datos en Wikidata ]
Domenico Vandelli00.jpg
Domenico Vandelli03.jpg

Domenico Agostino Vandelli, nado o 8 de xullo de 1735 en Padua, e finado o 27 de xuño de 1816 en Lisboa, foi un naturalista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vandelli realizou os seus estudos na Universidade de Padua, na que obtivo o seu doutoramento en Medicina, ca tese Dissertationes tres: de Aponi thermis, de nonnullis insectis terrestribus et zoophytis marinis, et de vermium terrae reproductione atque taenia canis.

Envioulle, en 1761, a Carl von Linné unha correspondencia sobre os invertebrados holoturoideos. Posteriormente, en 1767, Linneo dedicoulle o xénero Vandellia, da familia das escrofulariáceas.

Desde 1765 impartíu clases de Química e Historia Natural na Universidade de Coímbra, onde fundou o seu primeiro xardín botánico.[1]

En 1788 publicou o Diccionario dos termos technicos de historia natural extrahidos das obras de Linnéo, com a suo explicaçaõ, así como unha Florae lusitanicae et brasiliensis specimen (Coímbra).

Toda a súa obra estivo baixo a autoridade de Linneo, e en 1765 publicou Viridarium Grisley lusitanicum, Linnaeanis nominibus illustratum (Lisboa).

En 1793 foi o primeiro director do Xardín botánico do Palacio Nacional de Ajuda, en Lisboa.

Vandelli foi membro da masonaría, comendador da Orde de Cristo e deputado da Real Junta do Comércio, Agricultura, Fábricas e Navegação.[2]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1763. Saggio d'istoria naturale del Lago di Como e della Valsassina e altri luoghi lombardi.
  • 1768. Dissertatio de arbore draconis seu Dracaena.
  • 1771. Fasciculus plantarum.
  • 1788. Florae lusitanicae et brasiliensis specimen.
  • 1789. Viridarium Grisley lusitanicum.

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

A abreviatura Vand. emprégase para recoñecer a Domenico Agostino Vandelli como autoridade na descrición e taxonomía en botánica,[11]

A abreviatura Vandelli emprégase para recoñecer a Domenico Agostino Vandelli como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • AA.VV. (2008): Gabinete transnatural de Domingos Vandelli, Artez, Coímbra.
  • Cardoso, J. L. (1990): "Introdução", en Memórias Económicas da Academia Real das Ciências de Lisboa, para o adiantamento da agricultura, das artes, e da indústria em Portugal, e suas conquistas (1789-1815). Lisboa: Banco de Portugal. Vol. I, pp. XVII-XXXIII.
  • Cardoso, J. L. (1988): "Os escritos económicos e financeiros de Domingos Vandelli", Ler História 13: 31-51.
  • Carvalho, Rómulo. (1987): A história natural em Portugal no Século XVIII. Lisboa: ICLP.
  • Costa, A. M. Amorim (1986): "Domingos Vandelli (1730-1816) e a cerâmica portuguesa". En História e desenvolvimento da ciência em Portugal. Lisboa: Academia das Ciências, vol. 1, pp. 353-371.
  • Costa, A. M. Amorim (1984): Primórdios da Ciência Química em Portugal. Lisboa, ICLP.
  • Cruz, Lígia (1976): Domingos Vandelli: alguns aspectos da sua actividade em Coimbra. Coimbra, Sep. Bol. Arq. Univ. Coimbra.
  • Ruy Telles, Palhinha (1945): Domingos Vandelli. Coimbra: Graf. de Coimbra.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]