Saltar ao contido

Dom za vešanje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dom za vešanje
 Título
Дом за вешање (sh)
Dom za vešanje (sh) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
31 de agosto de 1989 (Suecia)
21 de decembro de 1988 (Iugoslavia)
15 de novembro de 1989 (Francia)
15 de agosto de 1991 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Duración
   135 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF203748151 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-6C8F-0000-K-0000-0000-E Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0b7tzm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
100% Rotten Tomatoes (2 de decembro de 2025) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0097223 Filmaffinity: 857577 Allocine: 31805 Rottentomatoes: m/time_of_the_gypsies Allmovie: v50043 TCM: 93376 TV.com: movies/time-of-the-gypsies Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Dom za vešanje, traducido literalmente do serbio como "Casa colgante", e coñecido internacionalmente en inglés como Time of the Gypsies (O tempo dos xitanos), é un filme iugoslavo dirixido por Emir Kusturica, polo que recibiu o premio ao Mellor Director no Festival de Cannes. A película céntrase na vida de Perhan, interpretado por Davor Dujmović, un adolescente xitano con poderes telecinéticos.

A banda sonora foi composta por Goran Bregović e consiste en gran parte en versións de composicións populares xitanas. A canción "Ederlezi" aparece en numerosas escenas da película, incluída a máis espectacular, na que os xitanos celebran o día de San Xurxo. Gran parte do elenco da obra é de etnia xitana.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Perhan vive no sur de Iugoslavia coa súa devota avoa Hatidža (Ljubica Adžović), o seu tolo tío Merdžan e a súa irmá Danira, que padece osteomielite. Perhan está namorado de Azra (Silonicka Trpkova), pero a nai desta desprézao pola súa pobreza e por ser fillo bastardo dun esloveno non xitano. Un día chega Ahmed (Bora Todorovic), un xitano que fixo fortuna en Italia e que solicita os poderes máxicos de Hatidža para curar ao seu fillo. A cambio, Ahmed levará a Danira a Liubliana, para ser curada da súa enfermidade. Perhan acompañaraa. Despois de deixar a Danira no hospital, Ahmed leva a Perhan a Milán, onde este descobre os turbios negocios de Ahmed.

Versións

[editar | editar a fonte]

Aínda que a versión que se distribuíu durante a súa estrea en cines ten unha duración de 142 minutos, a versión orixinal completa para a televisión iugoslava ten uns 300 minutos de duración.

No Festival de Cannes de 1989, Emir Kusturica gañou o premio ao mellor director, e a película foi tamén nomeada á Palma de Ouro.[1] Na 26ª edición dos premios Guldbagge en Suecia, Dom za vešanje gañou o premio á mellor película estranxeira.[2] Ademais, foi nomeada á mellor película estranxeira nos premios César de 1990 en Francia.

Ano Cerimonia Categoría Galardoado Resultado
1989 Festival de Cannes de 1989 Mellor director Emir Kusturica Gañador[3]
  1. "Festival de Cannes: Time of the Gypsies". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 1 de agosto de 2009.
  2. "Dom za vesanje (1989)". Swedish Film Institute. 16 de marzo de 2014.
  3. "Premios do Festival de Cannes de 1989". festival-cannes.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2016. Consultado o 9 de maio de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]