Benito García Dorgambide
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de maio de 1926 Baión |
| Morte | 12 de febreiro de 1991 Santiago de Compostela |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Fillos | Dolores García Giménez |
| Descrito pola fonte | Quen é quen no primeiro Parlamento Galego |
Benito García Dorgambide, nado en Baión (Vilanova de Arousa) o 28 de maio de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1991,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola USC. Exerceu como avogado en Vilagarcía de Arousa. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Popular en Galicia en 1971, do que foi secretario provincial de Pontevedra. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Dolores Giménez Pérez Galdós e foi pai da tamén política Dolores García Giménez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-2-1991, p. 54.
- ↑ "García Dorgambide, Benito". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio (1981). "Benito García Dorgambide". Quén é quén no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 166–168. ISBN 84-7507-044-2.