Saltar ao contido

Doctor Strange (filme de 2016)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doctor Strange
Logotipo
 Instancia de
 Título
Doctor Strange (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Elemento operado
Arnold (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Método de fabricación
 Cor
 Formato de distribución
 Universo ficticio
 Personaxes
 Edicións
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
4 de novembro de 2016 (Turquía)
27 de outubro de 2016 (República Checa)
28 de outubro de 2016 (Reino Unido)
20 de outubro de 2016 (Nova Zelandia)
3 de novembro de 2016 (Hungría)
26 de outubro de 2016 (Francia)
4 de novembro de 2016 (Estados Unidos de América)
28 de outubro de 2016 (España)
3 de novembro de 2016 (Eslovaquia)
27 de outubro de 2016 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
tráiler
campaña de intriga
novembro de 2015rodaxe
13 de outubro de 2016Estrea (Hong Kong) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
 Nomeamentos
Óscar ós mellores efectos visuais (24 de xaneiro de 2017) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración115 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2,39:1 Editar o valor en Wikidata
Custo165000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación677718395 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF95147905272779092396 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0004-9241-0000-Y-0000-0000-9 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/010qw4zb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
72/100 Metacritic (25 de febreiro de 2025)
89% Rotten Tomatoes (10 de agosto de 2023)
7.3/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt1211837 Filmaffinity: 858509 Allocine: 130533 Rottentomatoes: m/doctor_strange_2016 Mojo: marvel716 Allmovie: v601168 TCM: 2041863 Metacritic: movie/doctor-strange
Twitter: DrStrange Netlix: 80108237 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Doctor Strange é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Scott Derrickson. Baséase no personaxe de Marvel Comics Doctor Strange e foi producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi o décimo cuarto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU). O guión foi escrito por Jon Spaihts e C. Robert Cargill, e está protagonizado por Benedict Cumberbatch no papel do cirurxián Stephen Strange, xunto con Chiwetel Ejiofor, Rachel McAdams, Benedict Wong, Michael Stuhlbarg, Benjamin Bratt, Scott Adkins, Mads Mikkelsen e Tilda Swinton. No filme, Strange aprende os segredos das artes místicas logo de que a súa carreira como doutor rematase nun accidente de coche.

Varias adaptacións de Doctor Strange estiveron en fase de desenvolvemento dende mediados da década de 1980, até que Paramount Pictures adquiriu os dereitos cinematográficos en abril de 2005 en nome de Marvel Studios. Thomas Dean Donnelly e Joshua Oppenheimer foron incorporados no proxecto en xuño de 2010 para escribir o guión. En xuño de 2014, Derrickson foi contratado como director, xunto con Spaihts para reescribir o guión. Cumberbatch foi escollido para o papel epónimo en decembro de 2014, precisando dun cambio de calendario para non interferir nos seus outros compromisos. Isto permitiulle ó propio Derrickson ter tempo para traballar el mesmo no guión, coa axuda de Cargill. A fotografía principal comezou en novembro de 2015 no Nepal, antes de trasladarse ó Reino Unido e a Hong Kong, rematando na cidade de Nova York en abril de 2016.

Doctor Strange estreouse en Hong Kong o 13 de outubro de 2016, e lanzouse nos Estados Unidos o 4 de novembro en 3D e IMAX 3D. O filme recadou máis de 677 millóns de dólares en todo o mundo, foi louvado polos seus efectos visuais e o elenco, e foi nomeado nos Premios Óscar na categoría de mellores efectos visuais. A súa secuela, Doctor Strange in the Multiverse of Madness, está programada para a súa estrea o 7 de maio de 2021.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
De esquerda a dereita: Cumberbatch, Derrickson, Swinton, McAdams, Ejiofor, Mikkelsen e Wong na Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]