Saltar ao contido

Dióxenes Laercio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDióxenes Laercio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Διογένης ὁ Λαέρτιος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento180 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte240 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, filósofo, biógrafo, historiador da filosofía Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo II Editar o valor en Wikidata - século III Editar o valor en Wikidata
Interesado enFilosofía grega Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX908420
Primeira páxina da edición de 1594 da obra "Vidas e doutrinas dos filósofos ilustres" de Diógenes Laecio, traducida ao latín por Thomas Aldobrandini

Dióxenes Laercio ou Diogenes Laertius (en grego Διογένης Λαέρτιος), (200 - 250) foi un historiador e biógrafo dos antigos filósofos gregos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa maior obra é Vidas e doutrinas dos filósofos ilustres composta por dez libros que contén relevantes fontes de informacións sobre o desenvolvemento da filosofía grega. O exacto período en que Dióxenes Laercio viviu é descoñecido, mais supostamente foi durante o reino de Septimio Severo e Caracalla.

Non tivo pensamento filosófico propio. O seu obxectivo foi realizar un traballo de fácil comprensión e de divulgación para levar ao coñecemento do grande público as diversas escolas filosóficas gregas.

A parte máis importante da súa obra é o libro X, que está dedicado a Epicuro. Alén da exposición da súa filosofía, o libro aínda presenta tres cartas deste filósofo. Debido ao grao de detalle con que Dióxenes expón a filosofía de Epicuro, moitos cren que el era adepto das doutrinas epicúreas. Tal feito, con todo, non é recoñecido oficialmente no mundo académico, unha vez que el expresa admiración por moitos filósofos e non menciona as súas preferencias persoais de maneira explícita.

Dióxenes divide os filósofos gregos en dúas escolas, a escola xónica e escola italiana. El considera que a escola xónica provén de Anaximandro de Mileto, e a escola italiana de Pitágoras.

Despois de Sócrates, divide os filósofos xónicos en tres ramos:

A serie de filósofos italianos despois de Pitágoras consiste nos seguintes filósofos:

Telanxes, Xenofonte, Parménides de Elea, Zenón de Elea, Leucipo de Mileto, Demócrito de Abdera, e outros até Epicuro de Samos.

Os seus primeiros sete libros son dedicados aos filósofos da escola xónica; os últimos tres libros aos filósofos da escola italiana.

A obra de Dióxenes é unha gran contribución á historia da filosofía, contendo unha breve introdución sobre a vida e doutrinas da maioría dos filósofos gregos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]