Saltar ao contido

Diplodoco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diplodoco
Diplodocus
Othniel Charles Marsh 1878 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Sinonimia
  • Seismosaurus Gillette, 1991
Características
 Fonte de alimentación
Dimensións
 Masa
113 t Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
32 m
26.0 m Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseSauropsida
SuperordeDinosauria
OrdeSaurischia
SubordeSauropodomorpha
InfraordeSauropoda
SuperfamiliaDiplodocoidea
FamiliaDiplodocidae
SubfamiliaDiplodocinae
XéneroDiplodocus
Historia
 Lugar de descubrimento
Datas e cronoloxía
 Período
 Data de comezo
hai 154 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 152 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
OTT4946869 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Cranio de diplodoco.

Diplodoco[1] é o nome co que se coñecen as especies pertencentes ao xénero Diplodocus,[2] dinosauros da familia dos diplodócidos, que viviron a finais do período Xurásico, hai aproximadamente de 150 a 147 millóns de anos no que hoxe é Norteamérica.

Características

[editar | editar a fonte]

Eran uns dinosauros enormes, que se contan entre os maiores animais terrestres que existiron na Terra, pois medían entre 27 e 45 m e chegaban a pesar entre 30 e 50 t, aínda que saurópodos posteriores do Cretáceo, como o Argentinosaurus, os superaban, sobre todo no peso.

Os fósiles de Diplodocus encontráronse no oeste dos Estados Unidos de América (Colorado, Montana, Utah e Wyoming).

Os primeiros restos foron descubertos en 1877 por Samuel Wendell Williston, que os denominou Diplodocus ("os de dupla viga") en referencia á forma das vértebras da parte inferior da cola. Pensouse que estes ósos eran exclusivos dos Diplodocus, porén, acháronse tamén noutros membros da familia dos diplodócidos e en sauropódos non diplodócidos, como Mamenchisaurus.

Tiñan un pescozo e un rabo moi longos, cun corpo baixo, e camiñaba sobre as catro patas. A pesar do seu gran tamaño, tiñan unha cabeza moi pequena, con dentes así mesmo moi pequenos.

É probábel que pastaran nas grandes chairas de felgos e cicadáceas da súa época, chegando a consumir tamén as árbores de baixa altura, xa que non podía subir moito o seu pescozo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para diplodoco.
  2. Do grego διπλός diplós "duplo, dupla" e δοκός dokós "trabe" é dicir, viga dupla". (Liddell & Scott (1980): Greek-English Lexicon, Abridged Edition. Oxford University Press, Oxford, UK. ISBN 0-19-910207-4.)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]