Dioivo (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dioivo
OrixeVigo,
Período2016-actualidade
Xénero(s)black metal
Selo(s) discográfico(s)Sleaszy Rider Records
MembrosJacobo Mouriño Almeida
Daniel Valladares Otero
Artistas relacionadosMileth
Na rede
Facebook: dioivo Twitter: dioivo_metal Instagram: dioivo_metal Bandcamp: dioivo Editar o valor em Wikidata

Dioivo é un grupo de black metal en lingua galega formado en Vigo en 2016.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo foi fundado por Dani Valladares e Jacobo Mouriño a partir dun proxecto anterior chamado Rust in Peace.[2] Axiña gravaron o seu primeiro sinxelo, "Sempre pola morte esperas".[3] empregando como letra o poema de Rosalía de Castro incluído en Follas Novas. Posteriormente, en outubro de 2016, editaron o seu primeiro EP, titulado Dioivo I. Ese mesmo ano resultaron premiados no concurso "Xuventude Crea" organizado pola Xunta de Galicia,[4] logrando o segundo premio compartido na categoría de música, que volverían gañar de novo en 2017.[5]

Logo de tocar por salas de toda Galicia, o dúo comezou a gravar o seu primeiro álbum, Dioivo II, así coma a demo de adianto O Espertar.[6] O álbum viu finalmente a luz en xaneiro de 2019, da man do selo Darkwoods, logo dun concerto de presentación en Vigo xunto a Lóstregos e a Mileth.[7] En xullo dese mesmo ano editaron o seu primeiro videoclip, correspondente ao tema "Lobishomes".[8] En 2021 editaron un novo EP, titulado Dioivo III, no que contaron coa colaboración dos vocalistas de Mileth no tema "Ferro e Xenreira".[9]

En xuño dese mesmo ano publicaron o sinxelo "Retorno a Tagen Ata", unha adaptación da novela homónima de Xosé Luís Méndez Ferrín na que o propio autor participou poñendo voz ás narracións que aparecen ao longo da canción.[10] O seu seguinte tema, xa en maio de 2022, foi tamén unha adaptación da literatura galega, neste caso do poema "Hai sede na Nova Galicia" de Florencio Delgado Gurriarán,[11] o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano. Ambas composicións foron incluídas no seu seguinte álbum, que viu a luz en xuño de 2023 co título Cara os ceios incrementes. Foi lanzado polo selo grego Sleaszy Rider Records[12].

O traballo constou de 11 temas, e ademais dos dous xa citados, incluíu unha adaptación do poema de Darío Xohán Cabana "Que importa que nos craven as cadeas" e unha versión de "Unha de guerra", do desaparecido grupo vigués Desvirgheitors.[13] A banda lanzou así mesmo varios videoclips para promocionar a saída do disco, acompañando a temas como "Cabeiros" ou "Ata o final" ademais doutros xa mencionados.[14][15] En setembro de 2023 publicaron o novo tema "Por 100 anos máis", adicado ao Real Club Celta de Vigo e á súa afección con motivo do centenario do club.[16]

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Dioivo II (2019)
  • Cara os ceios incrementes (2023)

EPs[editar | editar a fonte]

Demos[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Sempre pola morte esperas" (2016)
  • "Ferro e xenreira" (2021)
  • "Retorno a Tagen Ata" (2021)
  • "Hai sede na Nova Galicia" (2022)
  • "Por 100 anos máis" (2023)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Atlántico (2018-12-12). "Dioivo, el grupo black metal en gallego hecho en Vigo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-03-17. 
  2. "Dioivo: “A maior lacra do black metal é que se mestura coa extrema dereita”". Balea. 2019-03-11. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-12-27. 
  3. "GalicianTunes: Artista - Dioivo". www.galiciantunes.com. Consultado o 2020-03-17. 
  4. "Música: final da especialidade de Música de Xuventude Crea 2016". xuventude.xunta.es. Consultado o 2020-03-17. 
  5. "Xuventude Crea Premios 2017" (PDF). libraria.xunta.gal. 
  6. "Dioivo". Dioivo. Consultado o 2020-03-17. 
  7. Diario, Nós. "Noite de metal extremo en galego". Nós Diario. Consultado o 2020-03-17. 
  8. "Dioivo". Faro de Vigo. 
  9. "Dioivo estrean ‘Ferro e Xenreira’, primeiro tema do seu novo EP. Escóitaa!". Balea. 2021-01-29. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 2021-04-04. 
  10. "Dioivo - Retorno a Tagen Ata (Con Xosé Luís Méndez Ferrín) [Videoclip oficial]". Consultado o 2021-06-26. 
  11. "A poesía de Delgado Gurriarán faise canción". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-15. 
  12. "DIOIVO “Cara Os Ceios Incrementes” (SR-0318)". Sleaszy Rider Records (en inglés). 2023-06-09. Consultado o 2024-04-11. 
  13. "Dioivo anuncia o seu novo álbum, que sairá o 9 de xuño". 22 de abril de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  14. Legion, Metal (2024-02-20). "DIOIVO: lanzan nuevo videoclip para el tema “Ata O Final”.". METAL LEGION (en castelán). Consultado o 2024-02-20. 
  15. sancocho.com (2023-05-30). "Dioivo lanza un nuevo videoclip, "Cabeiros", como último adelanto de su nuevo álbum". sancocho.com webzine (en castelán). Consultado o 2024-02-20. 
  16. "«Por cen anos máis», á homenaxe metal de Dioivo al Celta polo centenario". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-09-18. Consultado o 2023-09-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]