Diocese católica latina de Acre
O Bispo de Acre era un bispo sufragáneo do arcebispo de Tiro no Reino latino de Xerusalén, na Idade Media. Acre hoxe é Akko, en Israel.
Historia[editar | editar a fonte]
A introdución do cristianismo a Ptolemada, como se coñecía Acre na antigüidade, data dos tempos apostólicos. O apóstolo Paulo, regresando da súa viaxe a Macedonia, Acaia e Asia, arribou a Tiro, e desde alí viaxou a Ptolemais, onde ficou algúns días coa comunidade cristiá local (Feitos 21.7).
O primeiro bispo coñecido foi Claro, quen en 190 asistiu a un Concilio de bispos de Fenicia e Palestina para tratar o asunto da data da pascua. Mais hai que ir ata o século IV para atopar o próximo bispo, Eneas, quen participou no primeiro Concilio de Nicea en 325 e no sínodo levado a cabo en Antioquía en 341. Nectabo foi un dos padres do primeiro Concilio ecuménico de Constantinopla en 381. Entre séculos IV e V viviu o bispo Antíoco, adversario de Xoán Crisóstomo. Eladio participou no primeiro Concilio de Éfeso en 431. Paulo participou no Concilio de Antioquía de 445 para xulgar a obra de Atanasio de Perre e no Concilio de Calcedonia de 451. En 518 o bispo Xoán asinou unha carta sinodal contra Severo de Antioquía e o partido monofisita. Finalmente, o último bispo coñecido foi Xurxo, quen asistiu ao segundo Concilio de Constantinopla en 553.
Coa conquista dos cruzados no século XII, a cidade, chamada San Xoán de Acre, deveu parte do Reino de Xerusalén e converteuse nunha diocese de rito latino, con sede na Catedral da Santa Cruz. Contra a práctica e tradición eclesiásticas orientais, os cruzados pasaron a diocese, xunto con outra ao sur de Fenicia, do Patriarcado de Antioquía ao de Xerusalén.
Despois da caída de Xerusalén en 1187, a sé do patriarca mudou a San Xoán de Acre en 1191; o patriarca regresou a Xerusalén en 1229, cando a cidade foi devolta aos cruzados, e despois volveu a San Xoán de Acre en 1244. Acre tivo o seu propio bispo até 1263, cando os patriarcas de Xerusalén gobernaron a administración até a caída da cidade en mans dos musulmáns en 1291. O bispo máis famoso de Acre foi o cronista Jacques de Vitry.
Ptolemada, en Fenicia, sobrevive hoxe como sé titular; esta sé estivo vacante desde o 12 de setembro de 1988. Até mediados do século XIX tivo o nome de Aconensis ou Acconensis.
Lista dos bispos coñecidos de Acre[editar | editar a fonte]
Claro (finais do século II), Eneas (arredor dos anos 341-325), Nectabo (mencionado en 381), Antíoco (comezos de século V), Eladio (mencionado en 431), Paulo (antes de 445 - após 451), Xoán (mencionado en 518), Xurxo (mencionado en 553), Xoán († antes de 1135 – despois de 1133), Rorgo † (mencionado en 1147)
- Hugo de le Mans?
- Federico, arcebispo de Tiro c.1150
- Quillerme
- Xoscio, arcebispo de Tiro fl.1172
- Rufino, morto na batalla de Hattin c. 1187
- Xoán de Noyon, chanceler de Balduíno IX de Flandres, durante a cuarta cruzada
- Florente c. 1208[1]
- Jacques de Vitry 1216-1228
- Raúl
- Nicolao Arlon, O. Carm. † (27 de xuño de 1344)
- Johann Goldener, O.S.A. † (14 Jan 1451)[2]
- Bispo titular: bispo Armand de Rohan-Soubise-Ventadour (1742.07.30 – 1747.04.10)
- Bispo titular: bispo Luiz de Castro Pereira, C.S.J. (1804.10.29 – 1822.08.01)
- Bispo titular: bispo Maciej Pawel Mozdzeniewski (1815.07.10 – 1819.04.02)
- Bispo titular: bispo Ferdinand Maria von Chotek (posterior arcebispo) (1817.04.14 – 1831.09.30)
- Bispo titular: bispo François-René Boussen (1832.12.17 – 1834.06.23)
- Bispo titular: arcebispo Alois Josef Schrenk (1838.02.12 – 1838.09.17)
- Bispo titular: bispo Tommaso Feeny (Thomas Feeny) (1839.07.27 – 1848.01.11)
- Bispo titular: bispo Cassien-Léonard de Peretti (1875.03.31 – 1892.02.22)
- Arcebispo titular: arcebispo José Marcondes Homem de Melo (1906.12.06 – 1908.08.09)
- Arcebispo titular: arcebispo Augustin Dontenwill, O.M.Eu. (1909.01.19 – 1931.11.30)
- Louis Joseph El-Khazen, O.A.m. † (23 Feb 1919)
- Bispo titular: bispo Louis-Eugène-Arsène Turquetil, O.M.Eu. (1931.12.15 – 1955.06.14)
- Bispo titular: bispo Edmundo Luís Kunz (1955.08.01 – 1988.09.12)[3][4]
- Joseph Khoury † (bispo auxiliar: 4 de maio de 1956 a 11 de decembro de 1959)
- Camille Zaidan (13 de agosto de 2011) Confirmado arcebispo de Antelias (,aronita)
- Joseph Emile Mouawad (16 de xuño de 2012)[5][6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Steven Runciman, A History of the Crusades III, p.132.
- ↑ Diocese of Acre at Catholic Heirachy.org.
- ↑ Ptolemais in Phoenicia at GCatholic.org.
- ↑ Ptolemais in Phoenicia dei Maroniti at Catholic Heirachy.org.
- ↑ Le Petit Episcopologe, Issue 211, Number 17,519
- ↑ Bishops who are not Ordinaries of Sees Arquivado 08 de febreiro de 2015 en Wayback Machine..