Juan Antonio Reig Plà
Juan Antonio Reig Plà | |
---|---|
![]() Juan Antonio Reig Plà (2016) | |
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 7 de xullo de 1947 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 8 de xullo de 1971 |
Consagración episcopal | 14 de abril de 1996, por Lajos Kada |
Bispo de Alcalá de Henares | |
2009 - actualidade | |
Predecesor | Jesús Catalá Ibáñez |
Outros | |
![]() Escudo de Juan Antonio Reig |
Juan Antonio Reig Plà, nado en Cocentaina o 7 de xullo de 1947 é un bispo católico español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi ordenado sacerdote en 1971. Licenciouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1973,[1] e fixo a tese de doutoramento en Teoloxía moral pola Universidade Lateranense de Roma en 1978,[1] cunha tese sobre o sacramento da penitencia, De sacramento poenitentiae. Foi delegado de Pastoral Familiar.
Consagrado bispo de Segorbe-Castellón en 1996, permaneceu na diocese ata que no 2005 foi nomeado bispo de Cartaxena. Posteriormente foi nomeado bispo de Alcalá de Henares.
Tamén é presidente da subcomisión episcopal de familia e vida. De cariz conservador foi acusado[Cómpre referencia] por defensores da lingua catalá de reducir ao mínimo a presenza desta lingua na diocese castellonense mentres foi o seu bispo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Obispado de Alcalá de Henares: Nota biográfica de D. Juan Antonio Reig Pla" (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2014.