Dino Spadetto
Spadetto | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Dino Spadetto | ||
Nacemento | 25 de xaneiro de 1950 | ||
Lugar de nacemento | Caerano di San Marco | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira xuvenil | |||
Montebelluna | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1965–1966 | Montebelluna | ||
1966–1969 | Inter de Milán | 5 | (2) |
1969–1970 | → Bari | 17 | (1) |
1970–1973 | → Sampdoria | 24 | (6) |
1979–1981 | Acireale | 57 | (5) |
Selección nacional | |||
1969 | Italia sub-21 | 3 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Dino Spadetto, nado en Caerano di San Marco, Treviso, o 25 de xaneiro de 1950, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como futbolista no Montebelluna, fichando en 1966 polo Inter de Milán. Debutou co primeiro equipo aos 18 anos, o 27 de outubro de 1968, nunha goleada por 4-0 ante o Cagliari.[1] Con todo, só disputou cinco partidos co club negro e azul e na tempada 1969/70 foi cedido ao Bari, tamén da Serie A. Na seguinte tempada foi cedido á Sampdoria, nunha operación na que entraron tamén o galego Luis Suárez, traspasado ao club xenovés, e Mario Frustalupi, que pasou a ser xogador do Inter.[2]
A continuación pasou polo Parma na Serie B, polo Venezia na Serie C e polo Terranova na Serie D, onde conseguiu o ascenso á Serie C2 na tempada 1978/79.[3] Pechou a súa carreira despois de dúas tempadas no Acireale.
Disputou un total de 46 partidos na Serie A, na que marcou 9 goles, e 15 na Serie B.
Selección italiana sub-21[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección italiana sub-21, coa que disputou tres partidos e marcou un gol.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Italy 1968/69". rsssf.com (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ "El Sampdoria, afirma haber ultimado el traspaso de Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1970. p. 14.
- ↑ "Calcio" (en italiano). Consultado o 18 de abril de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).