Esta dinastía tivo un total de 20 sultáns granadinos. O último deles, Boabdil, coñecido como "o Rei Mozo", negouse a pagar os tributos impostos pola Coroa de Castela ao Reino de Granada para permitir a supervivencia deste último. Este feito levou a raíña Isabel I de Castela a entrar en guerra co reino Nazarí, o que unido á guerra civil que xa padecía este reino, facilitou a conquista castelá. A organización territorial e administrativa do reino realizouse a través das tahas.
Durante o reinado desta dinastía edificouse o palacio da Alhambra, considerado o máximo expoñente da arte nazarí e unha das xoias da arte musulmá de todos os tempos.