Dilophosaurus
Dilophosaurus Rango fósil: Xurásico Inferior | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Molde reconstruído do espécime holotipo (UCMP 37302) en posición do enterramento, Museo Real de Ontario. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Dilophosaurus é un xénero de dinosauro terápodo que viviu no que é agora América do Norte durante o Xurásico Temperán, hai 193 millóns de anos. Tres esqueletos foron descubertos no norte de Arizona en 1940, e os dous mellor conservados foron recollidos en 1942. O espécime máis completo converteuse no holotipo dunha nova especie no xénero Megalosaurus, chamado M. wetherilli por Samuel P. Welles en 1954. Welles atopou un esqueleto meirande pertencente á mesma especie en 1964. Ó decatarse de que posuía cristas no seu cranio, asignou a especie ó novo xénero Dilophosaurus en 1970, como Dilophosaurus wetherilli. O nome do xénero quere dicir "lagarto de dúas cristas", e nome da especie púxose na honra de John Wetherill, un concelleiro do pobo navajo. Dende entón, descubríronse máis espécimes, incluído o dunha cría. Tamén se atoparon pegadas que se atribúen a este animal, incluíndo rastros en repouso. Outra especie, Dilophosaurus sinensis orixinaria da China, foi nomeada en 1993, pero descubriuse posteriormente que pertencía ó xénero Sinosaurus.