Arques-la-Bataille
Coordenadas: 49°52′54″N 1°07′37″L / 49.88167, -1.12694
Arques-la-Bataille é unha comuna do departamento de Seine-Maritime, na rexión de Normandía, no noroeste de Francia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Arques está situada cerca da confluencia dos ríos Eaulne, Verenne e Béthune, a 6 km ao sueste de Dieppe.[1]
A unha altitude de entre os 2 e os 129 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 14,69 km2.[1]
Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2017, tiña unha poboación de 2 583 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 180 hab./km2.
Demografía[editar | editar a fonte]
Ano | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 2 729 | 2 807 | 2 646 | 2 734 | 2 539 | 2 528 |
Historia[editar | editar a fonte]
O centro da vila alberga un castelo que foi construído no século XI por Guillerme de Talou; o seu sobriño, Guillerme o Conquistador, considerándoo como unha ameaza para o seu poder, sitiouno e ocupouno. Tras cambiar de mans con frecuencia, pasou aopoder dos ingleses, que foron expulsados en 1449 tras unha ocupación de trinta anos. En 1589 o seu canón decidiu a batalla de Arques a favor do rei Henrique IV de Francia.[1]
Desde 1869 o castelo é propiedade estatal. A primeira liña de fortificación foi obra de Francisco I; a segunda liña e a torre remóntanse ao século XI.[1]
A igresxa de Arques, edificio do século XVI, conserva unha parede de pedra, estatuas, vidreiras e outros restos do Renacemento.[1]
Xusto nas aforas da cidade encóntrase o cemiterio da Commonwealth War Graves Commission da Primeira Guerra Mundial, deseñado por J. R. Truelove, lugar onde repousan os cadáveres de 377 homes do South African Native Labour Corps.[1] [3]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Arques-la-Bataille". Encyclopædia Britannica. 2 (11th ed.). Cambridge University Press. p. 642.
- ↑ Populations légales 2017. Commune d'Arques-la-Bataille. INSEE.
- ↑ "World War I and the South African Native Labour Contingent". South African History Online.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arques-la-Bataille |