Masustegi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°15′21″N 2°57′23″O / 43.25583, -2.95639

Situación do barrio na cidade de Bilbao.

Masustegi (en castelán: Masustegui-Monte Caramelo) é un barrio do distrito de Basurtu-Zorrotza da cidade de Bilbao. Ten unha superficie de 0,81 km² e unha poboación de 4.069 habitantes (2006).

Limita ao norte co barrio de Altamira e ao leste co de Basurtu, estando rodeado polo resto do territorio polo Monte Caramelo, que o separa de Errekaldeberri e Uretamendi.

O barrio xurdiu no século XX da man da industrialización biscaíña. Como en calquera dos barrios desta época, as rúas estreitas, o urbanismo desordenado e a falta de zonas verdes son as tónicas dominantes.