Bolueta
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
| Provincia | Biscaia | ||||
| Comarca | Gran Bilbao | ||||
| Concello | Bilbao | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.491 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 0,77 km² | ||||
Bolueta é un barrio do distrito de Begoña da cidade de Bilbao. Ten unha superficie de 0,77 km² e unha poboación de 4.486 habitantes (2008).
Ten forma alongada e limita ao nort con Santutxu, Txurdinaga e Otxarkoaga, ao sur con Etxebarri, Basauri e a estación de Ollargan (Arrigorriaga), e ao oeste con Abusu.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1840 construíuse a primeira planta de transformación de aceiro moderna, Santa Ana de Bolueta. Posteriormente desenvolvéronse outras industrias relacionadas co metal, pero a xente non vivía no barrio. Só se construíron algunhas vivendas para partir do 1950 na zona fronteiriza con Santutxu, coñecidas como Grupo Sagarminaga. En 1995, o metro de Bilbao chega ao barrio coa estación de Bolueta. O Euskotren comunica o barrio coas comarcas do Duranguesado e Busturialdea-Urdaibai.
Os terreos onde se situaban Santa Ana de Bolueta e Cilindros Bolueta, propiedade de Sidenor, foron adquiridos polo Goberno Vasco, que fixo un proxecto para construír 1.100 vivendas (delas, 600-700 de protección oficial) e as chamadas Torres Bolueta, as máis altas do País Vasco. A construción iniciouse en 2007.
