Abando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización de Abando na cidade de Bilbao.
Vista de Bilbao (á dereita da imaxe) e de Abando (no centro da imaxe) en 1575

Abando (tamén coñecido como San Vicente de Abando) é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Divídese nos barrios de Abando e Indautxu.

Foi un antigo elizate e municipio da provincia de Biscaia, tiña o asento e voto 34 nas Xuntas Xerais de Biscaia.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1300 fundouse Bilbao en parte dos terreos dos elizates de Begoña e de Abando, que perdeu o barrio de Bilbao a Vella, pero conservou a maior parte da súa extensión, ata o século XIX.

No século XVIII, Abando era o elizate con maior poboación de Biscaia (351 fogueiras e 2 100 persoas de comuñón, segundo a Historia General de Vizcaya, escrita en 1793 por Juan Ramón de Iturriza y Zabala). Esta poboación repartíase en casaríos dispersos dedicados á agricultura e gandería. Os únicos núcleos de poboación densa atopábanse nas proximidades de Bilbao a Vella, o convento imperial de San Francisco e os estaleiros situados ao bordo da Ría. Constaba das barriadas de Bilbao a Vella, Ibarra, Mena-Urizar-Larrasquitu, Elejabarri, Olabeaga, Zorrotza e Ibaizabal.

A falta de espazo para a expansión da crecente capital biscaíña propiciou que en 1870 unha parte de Abando fose anexionada por Bilbao. O gran ensanche de Bilbao realizouse a partir de 1876 en terreos de Abando, polo que o actual centro da cidade de Bilbao aséntase no que antigamente foi terreo de Abando. A anexión do resto de Abando produciuse en 1890.

Os distritos bilbaínos 6, 7 e 8, Abando, Errekalde e Basurtu-Zorrotza respectivamente, aséntanse sobre o que era antigamente o municipio de Abando.

O máis famoso aldeán do antigo Abando foi Sabino Arana, fundador do Partido Nacionalista Vasco e pai do nacionalismo vasco, que naceu neste elizate cando aínda era un municipio independente e viviu o cambio que supuxo a anexión e a expansión de Bilbao.

Barrios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]