Desmatochelys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desmatochelys
Rango fósil: 120 Ma-83,5 Ma
Cretáceo[1]

Ilustración do cranio de D. lowii.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Familia: Protostegidae
Xénero: Desmatochelys
Williston, 1894
Especie tipo
Desmatochelys lowii
Williston, 1894
Especies
  • D. lowii Willinston, 1894
  • D. padillai Cadena & Parham, 2015

Desmatochelys (do grego δεσμός desmos 'ligazón' + χέλῡς khelus ‘tartaruga’) é un xénero extinto de tartarugas de mar que pertence á familia Protostegidae.[2][3] Este xénero contén dúas especies coñecidas, D. lowii e D. padillai. D. lowii foi descuberto por primeira vez en 1895, seguido de D. padillai en 2015. Estímase que ten máis de 120 millóns de anos, sendo D. padillai a especie máis antiga coñecida de tartaruga mariña.[4]

Desmatochelys viviu durante o Cretáceo, e tiña un amplo rango xeográfico, principalmente ao longo do mar interior occidental.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero contén dúas especies:

  • Desmatochelys lowii
  • Desmatochelys padillai

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Edwin A. Cadena e James F. Parham (2015). "Oldest known marine turtle? A new protostegid from the Lower Cretaceous of Colombia". PaleoBios 32 (1): 1–42. 
  2. Karl, H. V., & Tichy, G. (2010). Maorichelys wiffeni n. gen. n. sp., una nueva tortuga marina del Eoceno de Nueva Zelanda (Testudines: Dermochelyidae).
  3. "Introduction to Testudines". UCMP Berkeley. Consultado o 25 de abril de 2015. 
  4. Cadena, Edwin A.; Parham, James F. (2015-09-07). "Oldest known marine turtle? A new protostegid from the Lower Cretaceous of Colombia". PaleoBios (en inglés) 32 (1). ISSN 0031-0298. doi:10.5070/P9321028615. 
  5. López-Conde, Oliver A.; Sterli, Juliana; Alvarado-Ortega, Jesús; Chavarría-Arellano, María L.; Porras-Múzquiz, Héctor (2019-10-01). "The first record of Desmatochelys cf. D. lowii from the Late Cretaceous (Campanian) of Coahuila, Mexico". Journal of South American Earth Sciences (en inglés) 94: 102204. Bibcode:2019JSAES..9402204L. ISSN 0895-9811. doi:10.1016/j.jsames.2019.05.020.