Achim von Arnim
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Carl Joachim Friedrich Ludwig von Arnim 1781 Berlín |
| Morte | 1831 Schloss Wiepersdorf |
| Lugar de sepultura | Wiepersdorf manor (en) |
| País de nacionalidade | Alemá |
| Educación | Universidade de Gotinga Universidade de Halle-Wittenberg Joachimsthalsches Gymnasium (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | Escritor |
| Movemento | Romanticismo e Heidelberg School (en) |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Familia | Arnim |
| Cónxuxe | Bettina von Arnim |
| Fillos | Freimund von Arnim, Friedmund von Arnim, Maximiliane von Oriola, Armgart von Arnim, Gisela von Arnim |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) |
Ludwig Achim von Arnim, nado en Berlín en 1781 e finado en Schloss Wiepersdorf en 1831, foi un escritor alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procedente dunha familia da nobreza prusiana, estudou dereito e ciencias naturais en Halle. Entre 1801 e 1804 emprendeu unha viaxe de estudos por Europa e escribiu unha serie de artigos científicos relatando as súas impresións.
Pero o seu interese virou cara a literatura. Coas lecturas de Goethe e Herder aprendeu a apreciar as belezas das lendas e folclore alemán. Co seu amigo Clemens Brentano publicou unha colección de Volkslieder (cantos populares) en catro volumes entre 1806 e 1808. Nese ano tamén fundou o xornal romántico Zeitung für Einsiedler en Heidelberg. En 1809 instalouse en Berlín, onde colaborou co Berliner Abendblätter e fundou en 1811 a agrupación política Deutsche Tischgesellschaft
Obras
[editar | editar a fonte]- Hollin's Liebeleben, 1802
- Ariel's Offenbarungen, 1804
- Des Knaben Wunderhorn ( 4 vol., con Clemens Brentano), 1806 e 1808
- Tröst Einsamkeit, 1808
- Der Wintergarten, 1809
- Armut, Reichthum, Schuld und Buße der Gräfin Dolores, 1810
- Halle und Jerusalem, 1811
- Isabella von Ägypten. Kaiser Karl des Fünften erste Jugendliebe, 1812
- Schaubühne), 1813
- Die Kronenwächter. Bertholds erstes und zweites Leben, 1817
- Der tolle Invalide auf dem Fort Ratonneau, 1818
- Die Gleichen), 1819
- Die Majoratsherren, 1819
- Owen Tudor, 1820
- Landhausleben, 1826
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Achim von Arnim |