Departamento de Colonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDepartamento de Colonia
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 34°S 58°O / -34, -58Coordenadas: 34°S 58°O / -34, -58
EstadoUruguai Editar o valor em Wikidata
CapitalColonia del Sacramento Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación132.204 (2011) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Altitude71 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación27 de xaneiro de 1816 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2UY-CO Editar o valor em Wikidata

Colonia é un departamento uruguaio situado no suroeste do país, na costa onde desaugan os ríos Paraná e Uruguai.

Limita polo norte co departamento de Soriano, polo nordeste con departamento de Flores, polo leste co San José, e polo sur e polo oeste coa Arxentina, Buenos Aires, achándose entre estes o estuario do Río da Prata. A súa superficie é de 6.106 km², e ten unha poboación estimada de 119.266 habitantes segundo o censo de 2004, o que o converte nun dos sectores máis poboados do Uruguai.[1] A capital departamental é a cidade de Colonia del Sacramento, situada a 177 km de Montevideo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome de "Colonia" deriva de Colonia del Sacramento, cidade que deu orixe á denominación actual pola que se coñece este departamento. Esta, á súa vez, fai referencia á multitude de Imperios que sobre ela exerceron o seu poder en tempos coloniais, isto é, cando formaba parte da Banda Oriental. A metrópole foi colonia de paso e centro de importantes conflitos armados que ostentaban facerse con ela, violando moitas veces importantes tratados diplomáticos.

A época colonial[editar | editar a fonte]

Centro histórico de Colonia del Sacramento.

Colonia del Sacramento, actualmente considerada Patrimonio da Humanidade, foi fundada en 1680 polas tropas portuguesas que se asentaron sobre as costas rioplatenses. Naqueles tempos, os reinos de España e Portugal encontrábanse nunha constante guerra, posto a que ambos procuraban expandir o seu poderío pasando por alto acordos bilaterais. Como resultado, tanto a cidade propiamente dita como o departamento foron desde os seus comezos, testemuñas do enfrontamento bélico a nivel xeopolítico máis relevante do Río da Prata. O lugar foi tomado en varias ocasións polos españois, pasando de man en man até caer novamente baixo dominio lusitano e, deste, ao brasileiro. Poríase fin á disxuntiva ao proclamarse a Declaratoria da Independencia da que fora nese momento a Provincia Cisplatina, que pasaría a ser coñecida como a República Oriental do Uruguai, alá por agosto de 1825. Estes acontecementos fixeron da capital coloniense, un crisol de estilos arquitectónicos, edificacións ao estilo colonial tipicamente portugués que incluían casas de pedra maciza con tellados de dúas a catro vertentes, nun rico contraste con aquelas vivendas de porte español que preferían o uso doutros materiais e técnicas de construción como o ladrillo e as azoteas.

Colonia del Sacramento foi emprazada sobre a península de San Gabriel, e o seu casco antigo comprende só 12 hectáreas do seu extremo occidental, e funciona actualmente como un "Parque Histórico Nacional" no que se ofrecen visitas guiadas recorrendo museos, fortificacións e vivendas primitivas.

O plano da cidade é tamén de carácter portugués, e contrasta co estándar que lexislaba na lei española sobre as Indias, caracterizándose tamén polas súas anchas rúas de pedra, que resaltan a súa tradición militar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Geográfico Militar" e "Instituto Nacional de Estadística"

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]