Departamento de Artigas
| Artigas (es) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Uruguai | ||||
| Capital | Artigas | ||||
| Contén a división administrativa | Municipality of Baltasar Brum (en) Municipality of Bella Union (en) Municipality of Tomas Gomensoro (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 77.246 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 11.928 km² | ||||
| Altitude | 100 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1 de outubro de 1884 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | UY-AR | ||||
O departamento de Artigas é un dos dezanove departamentos nos que se divide administrativamente o territorio do Uruguai. A súa capital é a cidade de Artigas.
Áchase no norte do estado, limitando polo norte e leste co Brasil, do cal está separado polo Río Cuareim; polo sur, co departamento de Salto e polo oeste coa República Arxentina, co río Uruguai no medio. No seu vértice noroeste atópase a cidade de Bella Unión, que recibe ese nome debido a que se encontra na fronteira co Brasil e a Arxentina.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Orografía
[editar | editar a fonte]No seu solo aflora case exclusivamente o basalto, parte do gran manto volcánico que cobre 800.000 km² na conca dos ríos Paraná e Uruguai. A cuchilla de Belén recorre o departamento de leste a oeste, dividindo as choivas e levando as súas augas cara ao río Cuareim, ao norte, e cara ao río Arapey Chico, ao sur.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]A paisaxe dá lugar a pequenas quebradas que albergan cursos de augas. Cara ao río Cuareim flúen longos arroios, como o Cuaró, o Tres Cruces, o Yacutujá e o Catalán.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Característica salientábel do departamento de Artigas é a súa toponimia de orixe guaraní. Ríos, arroios, cerros, flora e fauna conservan as voces dos antigos poboadores.[1]
Goberno
[editar | editar a fonte]O Departamento de Artigas está gobernado pola Intendencia Municipal de Artigas.
Historicamente foi un departamento con neto predominio colorado. Nas eleccións de 1958, amplamente gañadas polo Partido Nacional, o único departamento que mantivo unha Intendencia colorada foi Artigas. Mais a crise económica do 2002 afundiu ao Partido Colorado e fixo que por primeira vez Artigas tivese un intendente branco: Julio Silveira.
Economía
[editar | editar a fonte]
Os recursos naturais determinan tres actividades. Na maior parte explótase a gandaría extensiva, con bovinos e ovinos, e produtos de granxa. Nas pradeiras pardas, negras e areosas próximas a Salto predomina a actividade agrícola, en especial o cultivo de arroz, trigo, millo e cítricos. Ao sur da capital de Artigas, predominan a explotación de arenitas de Tacuarembó e do basalto. Esa zona ten unha explotación agrícola de baixo rendemento económico. Tamén existe unha explotación mineira, sen gran desenvolvemento, de pedras semipreciosas —principalmente ágatas e ametistas— na conca dos arroios Seco, Tres Cruces e Cuaró e nas ladeiras de Yacaré, Cururú, Belén e Catalán. A actividade industrial caracterízase polo tallado de pedras semipreciosas, elaboración de curtidos, o enxeño azucreiro, a industria madeireira e o conxelado de froitas e verduras.
Entre os seus atractivos turísticos conta co parque sobre o río Cuareim e a Barra en Bella Unión.
Principais centros urbanos
[editar | editar a fonte](Vilas ou cidades cunha poboación de 1.000 ou máis persoas - datos do censo do 2004.[2])
| Cidade/Pobo | Poboación |
|---|---|
| Artigas | 41.687 |
| Bella Unión | 13.187 |
| Tomás Gomensoro | 2.818 |
| Baltasar Brum | 2.472 |
| Las Piedras | 2.472 |
| Pintadito | 1.487 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tacuy". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2010. Consultado o 22 de novembro de 2009.
- ↑ "INE - Censo Fase I - Divulgación de resultados". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2012. Consultado o 22 de novembro de 2009.
