Dennis Ritchie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dennis Ritchie
Dennis Ritchie 2011.jpg
Nacemento9 de setembro de 1941
 Bronxville
Falecemento12 de outubro de 2011
 Berkeley Heights
CausaCancro de próstata
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade Harvard
Ocupacióninformático teórico, programador e escritor
Coñecido/a porC
PremiosPremio Turing, Medalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Prêmio Harold Pender, Prêmio Emanuel R. Piore IEEE, Computer History Museum fellow, Prêmio Pioneiro da Computação, ACM Software System Award, Medalha Richard W. Hamming, IRI Achievement Award e Prêmio Japão
editar datos en Wikidata ]

Dennis MacAlistair Ritchie, nado o 9 de setembro de 1941 en Bronxville, New York e falecido o 12 de outubro de 2011,[1][2][3] foi un científico computacional estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colaborou no deseño e desenvolvemento dos sistemas operativos Multics e Unix, así como no desenvolvemento de varias linguaxes de programación coma o C, tema sobre o cal escribiu un famoso clásico das ciencias da computación xunto a Brian Wilson Kernighan: A linguaxe de programación C.

Recibiu o Premio Turing de 1983 polo seu desenvolvemento da teoría de sistemas operativos xenéricos e a súa posta en funcionamento na forma do sistema Unix. En 1998 foille concedida a Medalla Nacional de Tecnoloxía dos Estados Unidos de América. En 2007 xubilouse, sendo o xefe do departamento de Investigación en software de sistemas de Alcatel-Lucent.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lohr, Steve (12 de outubro de 2011). "Dennis Ritchie, Programming Trailblazer, Dies at 70". The New York Times (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012. 
  2. BBC News, ed. (13 de outubro de 2011). "Unix creator Dennis Ritchie dies aged 70" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012. 
  3. Campbell-Kelly, Martin (13 de outubro de 2011). "Dennis Ritchie obituary". The Guardian (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]