Demetrio Fernández González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1950 (74 anos) El Puente del Arzobispo, España |
Roman Catholic Bishop of Cordoba (en) | |
18 de febreiro de 2010 – ← Juan José Asenjo Pelegrina (pt) Diocese: Diocese de Córdova (pt) | |
Bispo de Tarazona | |
9 de decembro de 2004 – 18 de febreiro de 2010 ← Carmelo Borobia – Eusebio Ignacio Hernández Sola (pt) → Diocese: Diocese de Tarazona | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2005–), sacerdote católico (1974–) |
Consagración | Manuel Monteiro de Castro |
Cronoloxía | |
9 de xaneiro de 2005 | Consagração episcopal no rito romano (pt) (Mosteiro Real de Santa María de Veruela (pt) ) |
Demetrio Fernández González, nado en El Puente del Arzobispo (Toledo) o 15 de febreiro de 1950, é un bispo católico español. Dende 2010 ocupa a cátedra de Córdoba.
Biografía
[editar | editar a fonte]Sacerdocio
[editar | editar a fonte]Ingresou no Seminario de Talavera de la Reina e posteriormente no Seminario Menor de Toledo. Cursou os estudos superiores no Seminario Maior "San Ildefonso" de Toledo e no Seminario de Palencia.
Foi ordenado sacerdote o 22 de decembro de 1974 en Toledo, polo cardeal arcebispo de Toledo Marcelo González Martín. Foi coadxutor de “El Buen Pastor” en Toledo entre 1974 e 1977, e capelán do Colexio Vedruna en 1976. Posteriormente cursou estudos en Roma entre 1977 e 1980, no Colexio Español, onde obtivo a Licenciatura en Teoloxía Dogmática pola Pontificia Universidade Gregoriana.
Episcopado
[editar | editar a fonte]O 9 de decembro de 2004 foi designado bispo de Tarazona polo papa Xoán Paulo II, recibindo a consagración episcopal de mans de Manuel Monteiro de Castro o 9 de xaneiro do seguinte ano no Mosteiro de Veruela.[1]
Logo de cinco anos de servizo na diocese aragonesa, o papa Bieito XVI nomeouno Bispo de Córdoba o día 18 de febreiro de 2010 en substitución de Juan José Asenjo, tomando posesión do cargo o 20 de marzo do mesmo ano. Porén, seguiu vencellado coa diocese ao ser designado administrador apostólico de Tarazona, cargo que mantivo até a designación de Eusebio Fernández Sola como bispo, en 2011.
Controversias
[editar | editar a fonte]Durante a celebración da misa pola Festa da Sagrada Familia o 26 de decembro de 2010 na Catedral de Córdoba, o bispo deu unha homilía na que condenou as ameazas que, ao seu xuízo, atacaban á familia, centrándose en cuestións como o aborto ou o divorcio. Da súa homilía transcendeu aos medios de comunicación unha afirmación que o bispo atribuíu ao cardeal Ennio Antonelli, segundo a que "a UNESCO ten programado para os próximos vinte anos que a metade da poboación sexa homosexual".[2][3]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Joaquín Carmelo Borobia |
Bispo de Tarazona 2004 - 2010 |
Sucesor: Eusebio Hernández Sola |
Predecesor: Juan José Asenjo |
Bispo de Córdoba 2010 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción de EFE. "El Papa nombra a Demetrio Fernández nuevo obispo de Córdoba" (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2013.
- ↑ Manuel Planelles (2 de xaneiro de 2011). "El obispo de Córdoba: "La Unesco quiere hacer que la mitad de la población sea homosexual"". El País. Consultado o 16 de xullo de 2013., (en castelán).
- ↑ Demetrio Fernández (30 de decembro de 2010). "La familia, esperanza de la humanidad (Homilía completa)". Infocatólica. Consultado o 16 de xullo de 2013. (en castelán).