Saltar ao contido

Delta IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Delta 4H»)
Delta IV / Delta 9000
FunciónLanzador espacial de capacidade media
país de orixeEstados Unidos
Tamaño
foguetes derivados
FamiliaDelta[1]
Lanzamento históricos
Voo inaugural20 de novembro de 2002[1]
Acelerarores – GEM 60[2]
altura16,2 m[2]
diámetro1,52 m[2]
masa baleiro3849 kg[2]
masa cheo33.798 kg[2]
impulsado por1[2]
potencia máxima826,553 kN (no baleiro)[2]
Impulso específico243 s (a nivel do mar), 275 s (no baleiro)[2]
propelentePropelente sólido[2]
Primeira etapa – CBC[3]
altura40,8 m[3]
diámetro5,1 m[3]
masa baleiro26.760 kg[3]
masa cheo226.400 kg[3]
impulsado por1 RS-68[3]
potencia máxima3312,755 kN (no baleiro)[3]
Impulso específico365 s (a nivel do mar), 420 s (no baleiro)[3]
propelenteOxíxeno líquido e hidróxeno líquido[3]
Segunda etapa – DCSS[3]
altura12,0 m[3]
diámetro2,44 m[3]
masa baleiro3490 kg[3]
masa cheo30.710 kg[3]
impulsado por1 RL-10B-2[3]
potencia máxima110,050 kN (no baleiro)[3]
Impulso específico462 s (no baleiro)[3]
propelenteHidróxeno líquido e oxíxeno líquido[3]
editar datos en Wikidata ]


O Delta IV (Delta 9000 segundo a numeración clásica dos foguetes Delta e Delta 3000 segundo a nova numeración) é o nome dunha subfamilia de foguetes espaciais dos estadounidense en servizo desde 2002.[1][4]

Características

[editar | editar a fonte]

O Delta IV foi o primeiro foguete completamente crioxénico ó usar hidróxeno e oxíxeno líquidos en tódalas súas etapas. É o foguete usado pola USAF para poñer a maior parte dos seus satélites en órbita.[1]

As diferentes versións dos Delta IV usan un elemento común denominado precisamente Common Booster Core (que pode traducirse como acelerador central común), que funciona como primeira etapa usado en número dun ou de tres, segundo a versión de Delta IV. O CBC usa un motor RS-68 ou RS-68A de novo deseño que, cos seus arredor de 3 MN de pulo é o motor crioxénico máis potente da historia.[1]

A etapa superior pode ser unha de dúas variantes cun motor RL-10B-2, de 4 ou 5 metros de diámetro e o CBC pode usar 2 ou 4 foguetes aceleradores GEM-60 de propelente sólido como axuda na engalaxe.[1]

O método de numeración usado polos Delta IV é a seguinte[1]:

  • O primeiro número indica a configuración básica e sempre é un 4 para os Delta IV.
  • O segundo indica o número de foguetes aceleradores GEM-60 usados (0, 2, ou 4).
  • O terceiro número indica o tipo de segunda etapa, denominada xenericamente DCSS (Delta Cryogenic Second Stage): de 4 ou 5 metros de diámetro.
  • O cuarto díxito indica o tipo de terceira etapa: 0 para cando non se usa terceira etapa, 3 para unha Star 37D, 4 para unha Star 37E, 5 para unha Star 48B e 6 para unha Star 37FM.

Adicionalmente poden levar unha letra: H para as versións pesadas (H de heavy) ou M para as de capacidade media (M de medium). Outra maneira é referirse ós Delta IV poñendo unha das letras indicando si é medio ou pesado e entre paréntese dúas cifras, a primeira referíndose ó diámetro da segunda etapa e a segunda ó número de aceleradores sólidos.[1]

Inicialmente planeouse unha versión lixeira do Delta IV, que tería levado a letra adicional S (de small), pero foi finalmente cancelado.[1]

Versións

[editar | editar a fonte]
Nome[1][4] Aceleradores sólidos[1][4] Primeira etapa[1][4] Segunda etapa[1][4] Terceira etapa[1][4]
Delta IV M 0 1 CBC (RS-68) RL-10B-2 / 4 metros de diámetro N/A
Delta IV M+(4,2) 2 1 CBC (RS-68) RL-10B-2 / 4 metros de diámetro N/A
Delta IV M+(5,2) 2 1 CBC (RS-68) RL-10B-2 / 5 metros de diámetro N/A
Delta IV M+(5,4) 4 1 CBC (RS-68) RL-10B-2 / 5 metros de diámetro N/A
Delta IV H 0 3 CBC (RS-68) RL-10B-2 / 5 metros de diámetro N/A
Delta IV H (aumentado) 0 3 CBC (RS-68A) RL-10B-2 / 5 metros de diámetro N/A
Carga (kg)[4] LEO[4] LPEO[4] GTO[4] GTO[4] Órbita interplanetaria[4]
Delta IV M 8120 6760 4210 N/A 2722
Delta IV M+(4,2) 10.430 9070 5845 1611 N/A
Delta IV M+(5,2) 7980 7850 4640 N/A N/A
Delta IV M+(5,4) 11.475 10.300 6555 2412 N/A
Delta IV H 23.040 20.500 13.130 6275 9000
Delta IV H (aumentado) N/A N/A 14.560 6577 N/A

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[4] Data[4] Rampla de lanzamento[4] Carga[4] Resultado[4] Notas[4]
D-293 20 de novembro de 2002 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Eutelsat W5 Éxito Primeiro voo dun Delta IV. O modelo que voou foi un Delta IV M+(4,2).[2]
D-296 11 de marzo de 2003 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral DSCS-3 A3 Éxito Delta IV M[5]
D-301 29 de agosto de 2003 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral DSCS-3 B6 Éxito Delta IV M[5]
D-310 21 de decembro de 2004 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Demosat / 3CS 1 / 3CS 2 Éxito parcial Delta IV H. Primeiro voo da versión pesada.

A etapa superior funcionou durante menos

tempo do esperado, deixando o satélite

de probas nunha órbita inferior á prevista.[3]

D-315 24 de maio de 2006 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GOES 13 Éxito Delta IV M+(4,2)[2]
D-317 28 de xuño de 2006 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg Trumpet-F Éxito Delta IV M+(4,2)[2]
D-320 4 de novembro de 2006 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg DMSP-5D3 F17 Éxito Delta IV M[5]
D-329 11 de novembro de 2007 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral DSP 23 Éxito Delta IV H[3]
D-337 18 de xaneiro de 2009 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Mentor 4 Éxito Delta IV H[3]
D-342 27 de xuño de 2009 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GOES 14 Éxito Delta IV M+(4,2)[2]
D-346 6 de decembro de 2009 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 3 Éxito Delta IV M+(5,4)[6]
D-348 4 de marzo de 2010 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GOES 15 Éxito Delta IV M+(4,2)[2]
D-349 28 de maio de 2010 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GPS-2F 1 Éxito Delta IV M+(4,2).[2]
D-351 21 de novembro de 2010 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Mentor 5 Éxito Delta IV H[3]
D-352 20 de xaneiro de 2011 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg KH-11 15 Éxito Delta IV H.[3]
D-353 11 de marzo de 2011 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral SDS-3 6 Éxito Delta IV M+(4,2).[2]
D-355 16 de xullo de 2011 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GPS-2F 2 Éxito Delta IV M+(4,2).[2]
D-358 20 de xaneiro de 2012 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 4 Éxito Delta IV M+(5,4).[6]
D-359 3 de abril de 2012 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg FIA-Radar 2 Éxito Delta IV M+(5,2).[7]
D-360 29 de xuño de 2012 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Mentor 6 Éxito Delta IV H (aumentado)
D-361 4 de outubro de 2012 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GPS-2F 3 Éxito Delta IV M
D-362 25 de xaneiro de 2013 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 5 Éxito Delta IV M
D-363 8 de agosto de 2013 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 6 Éxito Delta IV M
D-364 28 de agosto de 2013 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg KH-11 16 Éxito Delta IV H
D-365 21 de febreiro de 2014 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GPS-2F 5 Éxito Delta IV M+
D-366 17 de maio de 2014 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GPS-2F 6 Éxito Delta IV M+
D-368 28 de xullo de 2014 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GSSAP1 / GSSAP2 / ANGELS Éxito Delta IV M+
D-369 5 de decembro de 2014 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Orion EFT-1 Éxito Delta IV H
D-371 25 de marzo de 2015 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GPS-2F 9 Éxito Delta IV M+
D-372 24 de xullo de 2015 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 7 Éxito Delta IV M+
D-373 10 de febreiro de 2016 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg Topaz 4 Éxito Delta IV M+
D-374 11 de xuño de 2016 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral NROL 37 Éxito Delta IV H
D-375 19 de agosto de 2016 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GSSAP 3 / GSSAP 4 Éxito Delta IV M+
D-376 7 de decembro de 2016 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 8 Éxito Delta IV M+
D-377 18 de marzo de 2017 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 9 Éxito Delta IV M+
D-279 12 de xaneiro de 2018 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg Topaz 5 Éxito Delta IV M+
D-380 12 de agosto de 2018 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Sonda Solar Parker Éxito Delta IV H
D-382 19 de xaneiro de 2019 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg KH-11 17 Éxito Delta IV H
D-383 15 de marzo de 2019 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral WGS 10 Éxito Delta IV M+
D-384 22 de agosto de 2019 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral GPS-3 2 Éxito Delta IV M+. Último voo dun Delta IV Medium.
D-385 11 de decembro de 2020 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral NROL 44 Éxito Delta IV H
D-386 26 de abril de 2021 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg NROL 82 Éxito Delta IV H
D-387 24 de setembro de 2022 Rampla SLC-6 da Base Vandenberg NROL 91 Éxito Delta IV H
D-388 22 de xuño de 2023 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Orion 11 Éxito Delta IV H
D-389 9 de abril de 2024 Rampla SLC-37B de Cabo Cañaveral Orion 12 Éxito Delta IV H. Último lanzamento dun Delta IV.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Mark Wade (2011). "Delta IV" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 Mark Wade (2011). "Delta IV Medium+ (4.2)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 Mark Wade (2011). "Delta IV Heavy" (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-4" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "Delta IV Medium" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "Delta IV Medium+(5.4)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  7. Mark Wade (2011). "Delta IV Medium+(5.2)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]