Delta III
| Delta III / Delta 8930 | |
|---|---|
| Función | Lanzador espacial de capacidade media |
| país de orixe | Estados Unidos[1] |
| Tamaño | |
| altura | 35,0 m[1] |
| diámetro | 2,44 m[1] |
| masa | 301.450 kg[1] |
| Etapas | 2[1] |
| Carga LEO | |
| masa | 8292 kg[1] |
| Carga GTO | |
| masa | 3810 kg[1] |
| foguetes derivados | |
| Familia | Delta[1] |
| Lanzamento históricos | |
| Estado | Retirado en 2000[1] |
| Total de lanzamentos | 3 |
| exitosos | 1 |
| fallos | 2 |
| Voo inaugural | 27 de agosto de 1998[1] |
| Último voo | 23 de agosto de 2000[1] |
| Acelerarores – GEM 46[1] | |
| altura | 14,7 m[1] |
| diámetro | 1,17 m[1] |
| masa baleiro | 2282 kg[1] |
| masa cheo | 19.327 kg[1] |
| impulsado por | 1[1] |
| potencia máxima | 628,310 kN (no baleiro)[1] |
| Impulso específico | 273 s (a nivel do mar), 278 s (no baleiro)[1] |
| propelente | Propelente sólido[1] |
| Primeira etapa – RS27A[1] | |
| altura | 20,0 m[1] |
| diámetro | 2,44 m[1] |
| masa baleiro | 6822 kg[1] |
| masa cheo | 104.377 kg[1] |
| impulsado por | 1 RS-27A[1] |
| potencia máxima | 1085,790 kN (no baleiro)[1] |
| Impulso específico | 254 s (a nivel do mar), 302 s (no baleiro)[1] |
| propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
| Segunda etapa – RL-10-B2[1] | |
| altura | 8,80 m[1] |
| diámetro | 2,44 m[1] |
| masa baleiro | 2476 kg[1] |
| masa cheo | 19.300 kg[1] |
| impulsado por | 1 RL-10-B2[1] |
| potencia máxima | 110,030 kN (no baleiro)[1] |
| Impulso específico | 462 s (no baleiro)[1] |
| propelente | Hidróxeno líquido e oxíxeno líquido[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Delta III (Delta 8930 segundo a numeración clásica dos foguetes Delta e Delta 3940 segundo a nova numeración) foi o nome dun foguete espacial dos Estados Unidos en servizo ao final da década de 1990 e principios dos 2000.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]O Delta III debía inaugurar a nova serie 8000 (3000 coa nova numeración) de foguetes Delta. Usaba os maiores aceleradores de propelente sólido usados pola familia Delta (que tamén acabaron usando os Delta II 7920H e Delta II 7925H), os GEM 46 e a etapa superior era crioxénica, alimentada por hidróxeno e oxíxeno líquidos, obtendo maior rendemento. Os dous primeiros intentos de lanzamento fracasaron, mentres que o terceiro foi un éxito. Os problemas de lanzamento, combinado cunha caída do mercado de satélites, deixou ó Delta III sen clientes: a NASA inclinouse por seguir os fiables Delta II, e a USAF decidiuse polo novo Delta IV para cubrir as súas necesidades. O Delta III foi finalmente cancelado.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Voo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
|---|---|---|---|---|---|
| D-259 | 27 de agosto de 1998 | Rampla LC-17B de Cabo Cañaveral | Galaxy 10 | Fallo | Primeiro voo dun Delta III. Debido a un problema de guiado, os foguetes aceleradores de propelente sólido usaron todo o seu fluído hidráulico ós 71 segundos de voo en movementos oscilatorios innecesarios. O control de terra enviou o comando de autodestrucción ó foguete aos 75 segundos de voo, co foguete a 16 km de altura. |
| D-269 | 5 de maio de 1999 | Rampla SLC-17B de Cabo Cañaveral | Orion 3 | Fallo | Un problema coa segunda etapa impediu a inserción do satélite nunha órbita utilizable. |
| D-280 | 23 de agosto de 2000 | Rampla SLC-17B de Cabo Cañaveral | DM-F3 | Éxito | Último voo dun Delta III. |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 Mark Wade (2011). "Delta 8930" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2012.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-8930 (Delta-3940)" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2012.