DSCS III
DSCS III (Defense Satellite Communications System III) foi un tipo de satélite de comunicacións militar dos Estados Unidos fabricado por Lockheed Martin.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites DSCS III son a continuación dos DSCS II e estaban deseñados para proporcionar comunicacións seguras de voz e datos nas peores condicións. Cada satélite levaba sete transpondedores, un deles de propósito especial e un único canal, tres antenas receptoras e cinco antenas transmisoras. Un deles DSCS III B7) levaba tamén o experimento CHARGECON-GEO para o Programa de Probas Espaciais. A alimentación eléctrica era producida por dous paneis solares que podían xerar ata 1700 W de potencia. Estaban situados na órbita xeoestacionaria.[1][2]
Lanzáronse un total de 14 satélites DSCS III entre 1982 e 1992, todos con éxito. Usáronse unha variedade de foguetes para poñelos en órbita: Titan 34D, Delta 4M, o transbordador espacial durante a misión STS-51-J e o Atlas 2A. O último satélite DSCS III foi posto fóra de servizo en 2015.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: DSCS III |