KH-11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Satélites KH-11 en órbita en 2013.

KH-11 (Keyhole-11) ou Kennan, tamén denominados Crystal, son unha serie de satélites de recoñecemento electroópticos de alta resolución operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os KH-11 son os primeiros satélites de recoñecemento estadounidenses electroópticos de alta resolución, usando imaxes dixitais e retransmitíndoas case en tempo real. Substitúen aos satélites KH-8 e KH-9.[1][2]

Crese que os satélites usan un espello primario de 2,4 m de diámetro, o que proporciona unha resolución teórica de 15 cm a nivel do solo. As primeiras unidades usarían posiblemente detectores de fotodiodo, mentres que posteriormente pasaríase a usar detectores CCD. Os satélites teñen tamén certa capacidade de detección de sinais electrónicas. Os satélites son fabricados por Lockheed Martin e teñen masas entre 13.500 e 17.000 kg. Os KH-11 retransmiten os seus datos a través do sistema de satélites de comunicacións SDS.[1][2]

Lanzáronse 17 KH-11 mediante foguetes Titan 3D, Titan 34D, Titan 4 e Delta 4 entre 1976 e 2019, cun lanzamento fallado.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
KH-11 1 19 de decembro de 1976 Titan-3D Éxito
KH-11 2 14 de xuño de 1978 Titan-3D Éxito
KH-11 3 7 de febreiro de 1980 Titan-3D Éxito
KH-11 4 3 de setembro de 1981 Titan-3D Éxito
KH-11 5 17 de novembro de 1982 Titan-3D Éxito
KH-11 6 4 de decembro de 1984 Titan-34D Éxito
KH-11 7 28 de agosto de 1985 Titan-34D Fracaso
KH-11 8 26 de outubro de 1987 Titan-34D Éxito
KH-11 9 6 de novembro de 1988 Titan-34D Éxito
KH-11 10 28 de novembro de 1992 Titan-4(04)A Éxito
KH-11 11 5 de decembro de 1995 Titan-4(04)A Éxito
KH-11 12 20 de decembro de 1996 Titan-4(04)A Éxito
KH-11 13 5 de outubro de 2001 Titan-4(04)B Éxito
KH-11 14 19 de outubro de 2005 Titan-4(04)B Éxito
KH-11 15 20 de xaneiro de 2011 Delta-4H Éxito
KH-11 16 28 de agosto de 2013 Delta-4H Éxito
KH-11 17 19 de xaneiro de 2019 Delta-4H Éxito
KH-9 18 20 de xuño de 1983 Titan-34D Éxito
KH-9 19 25 de xuño de 1984 Titan-34D Éxito
KH-9 20 18 de abril de 1986 Titan-34D Fracaso

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "KH-11" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-11 / Kennen / Crystal" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]