Saltar ao contido

Deformación cranial artificial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cranio deformado Proto Naza 200-100 AC
Pintura de Paul Kane, amosando un neno chinook no proceso de achaiar a súa cabeza, e a un adulto logo do proceso.

A deformación cranial artificial, achaiado de cabeza ou vendado de cabeza, é unha forma de modificación corporal mediante a cal o cranio se deforma intencionalmente. Isto conséguese distorsionando o crecemento normal do cranio dun neno mediante a aplicación de forza. As formas posibles de deformar o cranio son: chás, alongadas (producidas mediante o vendado de dúas placas de madeira nos lados da cabeza), redondas (vendado con tea) e en forma de cono. Realízase tipicamente durante a infancia, xa que o cranio é máis maleable nesta etapa, debido a que os ósos do mesmo non se fusionaron. Nun caso típico, o vendado da cabeza comeza aproximadamente un mes despois do nacemento e continúa durante seis meses.

Cranio alongado dunha muller nova, probablemente unha alana.

O moldeado intencional da cabeza, foi practicado simultaneamente en moitas culturas separadas xeográfica e cronoloxicamente, probablemente foi inventado máis dunha vez. A súa práctica continúa nalgúns lugares, como Vanuatu e a República do Congo.

Descrición de Hipócrates

[editar | editar a fonte]

O rexistro escrito máis antigo de deformación cranial data do 400 a. C. na descrición de Hipócrates dunha tribo africana, os macrocéfalos ou "cabezas longas", chamados así pola súa práctica de deformación cranial.[1]

Vello Mundo

[editar | editar a fonte]

No vello mundo, os hunos[2] e os alanos[3] foron recoñecidos por practicar a deformación cranial. Na Antigüidade tardía (300-600 d. C.), os pobos xermánicos orientais (xépidos, ostrogodos, hérulos, ruxios e burgundios) que eran gobernados polos Hunos adoptaron este costume. Nas tribos xermanas do oeste a deformación cranial foi de cando en cando atopada.[4]

En América, os maias, e os antigos peruanos (os Paracas), e certas tribos dos Estados Unidos tiñan o costume de alongar as cabezas dos infantes. En América do Norte a práctica era especialmente coñecida entre as tribos chinook do noroeste e os choctaw do sueste. O grupo de nativos americanos coñecidos como a cabeza chá non practicaban o achaiado de cabeza, pero foron nomeados así por contraste con outros pobos salishanos que usaban modificación cranial para facer que a súa cabeza parecese máis redonda.[5] De tódolos xeitos, outras tribos incluído os choctaw, os chehalis e os pobos nooksack practicaban o achaiado de cabeza atando a cabeza do infante a un porta bebés de madeira.[6] Os pobos lucaianos das Bahamas e os aborixes australianos practicaban esta técnica.[7]

Cultura Paracas

[editar | editar a fonte]
Cranios da cultura Paracas.

Os paracas viviron na costa do Perú, no sur da capital Lima. Algunhas estimacións propoñen que esta cultura existiu entre o 700 a. C. e o 100 d. C. pero as fontes poden variar principalmente polas poucas probas de carbono 14 que foron realizadas nos materiais orgánicos atopados na área. Julio César Tello, arqueólogo peruano, conduciu escavacións arqueolóxicas preto da área dos Paracas en 1927 e 1928, tras decatarse que ladróns de tumbas atoparan grandes lotes de materiais fúnebres que incluían custosos téxtiles, cerámicas e ofrendas cerimoniais no sitio chamado Cerro Colorado, o cal se converteu nunha área protexida dentro da reserva ecolóxica de Paracas.[8] Pouco traballo fixeron os arqueólogos dende os tempos de Tello, pero as escavacións das tumbas da nobreza continuaron. Un aspecto intrigante desta cultura que foi pasada por alto pola maioría dos investigadores é o feito de que a nobreza practicaba o vendado da cabeza para provocar deformación cranial.[9] A situación dos Paracas é dalgunha maneira única en canto a que Juan Navarro e Brien Foerster atoparon a presenza de polo menos cinco formas distintas de cabezas alongadas, sendo cada tipo predominante en cemiterios específicos. Os máis grandes e impactantes son do sitio chamado Chongos, preto da cidade de Pisco, ó norte de Paracas. Estes cranios son chamados “cabezas longas”, debido á súa aparencia alongada. Probas sobre estes cranios revelaron que, en media, a capacidade cranial é de 1,5 litros, aproximadamente un 25 % máis que os cranios contemporáneos e pesan un 60 % máis. Tamén as cavidades orbitais son significativamente maiores que as de cranios contemporáneos e a mandíbula máis grande e grosa. Máis aínda, a presenza de dous pequenos ocos na parte posterior dos cranios de Chongos, chamados foramen, indican que o fluxo sanguíneo e quizais os nervios, excitaban o cranio na parte posterior para alimentar o tecido dérmico. Isto parecese indicar que a natureza fixo isto e non unha deformación cranial.[10]

Tahití, Samoa e Hawai

[editar | editar a fonte]

Friedrich Ratzel en The History of Mankind[11] reportou en 1896 que a deformación cranial, tanto por achaiado por detrás como por elongación cara ó vértice foron atopados en lugares illados de Tahití, Samoa, Hawai, e o grupo Paumotu máis frecuentemente en Mallicollo nas Malakula (Vanuatu), onde o cranio era deformado extraordinariamente plano.

Comezos do século XX

[editar | editar a fonte]
Deformación deliberada do cranio en Tolosa, Francia.

Na rexión de Tolosa (Francia), esta deformación voluntaria realizouse até principios do século XX.

  1. Hippocrates upon Air, Water, and Situation: upon Epidemical Diseases, trans. Francis Clifton (1734), pp. 22-23.
  2. http://www.zum.de/Faecher/G/BW/Landeskunde/rhein/kultur/museen/speyer/ausstell/hunnen/hunnin.htm Facial reconstruction of a Hunnish woman], Das Historische Museum der Pfalz, Speyer
  3. Bachrach, Bernard S., A history of the Alans in the West: from their first appearance in the sources of classical antiquity through the early Middle Ages, U of Minnesota Press (1973), pp. 67-69
  4. Doris Pany and Karin Wiltschke-Schrotta, Artificial cranial deformation in a migration period burial of Schwarzenbach, Lower Austria, VIAVIAS, no. 2 (Vienna Institute for Archaeological Science 2008), pp. 18-23.
  5. http://www.americanindians.com/
  6. http://www.accessgenealogy.com/native/tribes/choctaw/chostawhist.htm
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  8. Hatcher Childress, David and Foerster, Brien The Enigma Of Cranial Deformation: Elongated Skulls Of The Ancients, 2012, Adventures Unlimited Press, pp. 98
  9. Hatcher Childress, David and Foerster, Brien The Enigma Of Cranial Deformation: Elongated Skulls Of The Ancients, 2012, Adventures Unlimited Press, pp. 13
  10. Hatcher Childress, David and Foerster, Brien The Enigma Of Cranial Deformation: Elongated Skulls Of The Ancients, 2012, Adventures Unlimited Press, pp. 155
  11. Ratzel, Friedrich. The History of Mankind. (London: MacMillan, 1896). URL: www.inquirewithin.biz/history/american_pacific/oceania/dress-ornament.htm accessed 4 October 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Trinkaus, Erik (1982). The Shanidar Neandertals. Nova York, NY, USA: Academic Press. 
  • Tiesler, Vera (2013) The Bioarchaeology of Artificial Cranial Modifications: New Approaches to Head Shaping and its Meanings in Pre-Columbian Mesoamerica and Beyond [Vol. 7, Springer Interdisciplinary Contributions to Archaeology], Berlin, NY, USA:Springer Science & Business, ISBN 1461487609, véxase [1], consultado o 1 de agosto de 2015.
  • FitzSimmons, Ellen; Jack H. Prost & Sharon Peniston (1998) "Infant Head Molding, A Cultural Practice," Arch. Fam. Med., 7 (xaneiro/febreiro).
  • Adebonojo, F. O. (1991). "Infant head shaping". J. Am. Med. Assoc. 265: 1179. 
  • Henshen, F. (1966) The Human Skull: A Cultural History, Nova York, NY, USA: Frederick A. Praeger.