De excidio et conquestu Britanniae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "De Excidio Britanniae")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

De Excidio et Conquestu Britanniae (latín para "Sobre a Ruína e Conquista de Britania"), é unha obra escrita no século VI polo clérigo britano Xildas. É un sermón en tres partes, que condena os actos dos contemporáneos de Xildas, tanto seculares como relixiosos, a quen culpa da lamentábel situación da Britania posromana. É unha das máis importantes fontes para a historia de Gran Bretaña nos séculos V e VI, xa que é a única fonte significativa para o período escrito por un case contemporáneo dos feitos descritos.

A parte I contén unha narración da historia Británica desde a conquista Romana ao tempo de Xildas; inclúe referencias a Ambrosio Aureliano e a vitoria britana contra os saxóns na Batalla de Mons Badonicus. A parte II é unha condena de cinco reis polos seus numerosos pecados, incluíndo tanto figuras escuras como relativamente ben documentadas, tales como Maelgwn Gwynedd. A parte III é un ataque similar ao clero britano da época.

Historia[editar | editar a fonte]

O traballo de Xildas é de gran importancia para os historiadores, porque a pesar de que non está pensado principalmente como un texto histórico, é case a única fonte sobrevivente. Dátase habitualmente ao redor de 540, pero agora considérase que pode ser sensibelmente anterior, no primeiro cuarto do século VI ou mesmo antes[1].

A pretensión de Xildas era predicar aos seus contemporáneos á maneira dun profeta do antigo testamento, non escribir un relato para a posteridade. Por tanto, dá detalles históricos onde serve ao seu propósito; por exemplo, ofrece unha das primeiras descricións da Muralla dHa Adán o seecadra dz o Muro de Antonino, a pesar de que o seu relato é moi impreciso[2][3]. Con todo, omite os detalles que non contribúen á súa mensaxe; é constantemente vago, dando algúns nomes e non datas concretas[4]. No entanto, De Excidio segue sendo un traballo importante, non só para a historia medieval, senón tamén para a historia Británica en xeral.

En De Excidio et Conquestu Britanniae, Xildas menciona que o ano do seu nacemento foi o mesmo ano da Batalla de Mons Badonicus, que podería ter ocorrido en 482[5]. O estilo retórico de Xildas indica unha educación clásica latina que dificilmente podería estar dispoñíbel para os britanos despois do século V. Os Annales Cambriae dan o ano 570 como data da súa morte; con todo, os Anais de Tigernach sitúana en 569.

O tratado de Xildas foi publicado por primeira vez en 1525 por Polidoro Virxilio, pero con moitas alteracións e omisións. Foi reimpresa con frecuencia no Continente durante o século XVI, e unha ou dúas veces desde entón.

Resumo[editar | editar a fonte]

Parte I[editar | editar a fonte]

A primeira parte consta da explicación de Xildas acerca da súa obra e unha breve narración da Britania Romana desde a súa conquista até a época de Xildas.

A parte I é particularmente notábel como a primeira fonte en mencionar a Ambrosio Aureliano, unha figura importante da tradición britana á que se lle atribúe o xiro da marea contra a invasión anglosaxoa. Tamén contén a primeira mención da vitoria britana na Batalla de Mons Badonicus.

Parte II[editar | editar a fonte]

A segunda parte consta dunha condena de cinco reis britanos, e como é a única información contemporánea acerca deles, é de particular interese para os estudosos da historia británica. Xildas utiliza as bestas alegóricas do Libro de Daniel e o Libro da Revelación, equiparando aos reis ás bestas descritas: un león, un leopardo, un oso e un dragón[6]. Os reis vilipendiados por Xildas son:

Britain.circa.540.jpg
  • "Constantino, a tiránica cría da inmunda leoa de Damnonia"[7][8].
  • "ti do león cachorro Aurelio Conano"[9][10].
  • "Vortipore ... como o manchado leopardo ... tirano dos Demetas"[11][12].
  • "Cuneglasse ... ti oso"[13][14].
  • "dragón da illa ... Maglocune"[15][16].

A razón da desafección de Xildas por estes individuos énos descoñecida. Foi selectivo na elección dos reis, como el non tiña comentarios sobre os reis doutros reinos británicos que prosperaban na época, tales como Rheged, Gododdin, Elmet, Pengwern/Powys, ou os reinos situados no sur da actual Inglaterra.

  • Maelgwn (Maglocune), rei de Gwynedd, recibe a condena máis contundente e é descrito case como un rei supremo sobre os dos outros reis. A Illa de Anglesey era a principal base dos reis de Gwynedd, polo que describir a Maelgwn como o "dragón da illa" é apropiado. A súa preeminencia sobre as demais reis é confirmada indirectamente noutras fontes. Por exemplo, Maelgwn foi un xeneroso contribuínte á causa da cristiandade en todo o país de Gales, o que implica unha responsabilidade máis aló dos límites do seu propio reino. Fixo doazóns para apoiar San Brynach en Dyfed, San Cadoc en Gwynllwg, San Cybi en Anglesey, San Padarn en Ceredigion, e San Tydecho en Powys. Tamén está asociado coa fundación de Bangor[17].
  • Constantino é máis escuro. O seu Damnonia é xeralmente identificado co reino de Dumnonia no suroeste de gran Bretaña[18][19]. Un número de tradicións posteriores refírense a un rei deste nome na zona[19]. Algúns autores sinalan a posibilidade de que Xildas se referise á zona dos Damnonii no oeste de Escocia, a pesar de que Thomas D. O'Sullivan o considera improbábel[19].
  • Cuneglasse é o Cynglas (moderno Galés: Cynlas) das xenealoxías reais, fillo de Owain Ddantgwyn fillo de Einion fillo de Cunedda. É asociado coa rexión de Penllyn, ao sur de Gwynedd, e foi o antepasado de Caradog ap Meirion, futuro rei de Gwynedd. Un dos seus irmáns foi San Seiriol[20].
  • Aurelio Conano, tamén chamado Canino, pode non estar conectado a ningunha rexión en particular de Gran Bretaña. Suxeriuse conexión entre este rei e os descendentes de Ambrosio Aureliano; se isto fose certo o seu reino podería ser situada nalgún territorio conquistado polos anglosaxóns[21]. Se a forma Caninus estivese conectada co Berce(g)nus atopado en escritos do século VI, o seu nome sería Cynan, nome habitual.
  • Vortiporius (Vortipore, antigo galés Guortepir) foi un rei de Demetia (Dyfed), ben documentado en xenealoxías galesas e irlandesas, fillo de Aircol. Algúns estudosos sosteñen que é mencionado nunha pedra memorial (descuberta en 1895) que levan inscricións en latín e ogham. A inscrición latina lese Memoria Voteporigis protictoris. A inscrición ogham mostra unha ortografía irlandesa primitiva do nome: Votecorigas[22]. Se o home mencionado en ambas as inscricións fose o Vortiporius de Xildas, sería de esperar que as formas irlandesa e latina coincidisen; a diferenza na ortografía levou a algúns a suxerir que non son a mesma persoa, aínda que é posíbel que estivesen relacionados[23].

Parte III[editar | editar a fonte]

A terceira parte comeza coas palabras, "Britania ten sacerdotes, pero son parvos; numerosos ministros, pero son desvergonzados; clérigos, pero son astutos ladróns." Xildas continúa a súa xeremiada contra o clero da súa época, pero non menciona explicitamente ningún nome nesta sección, e non lanza luz ningunha sobre a historia da igrexa Cristiá neste período.

Legado no período anglosaxón[editar | editar a fonte]

Tras a conquista de Britania descrita en De excidio, Xildas continuou sendo un importante modelo para escritores anglosaxóns tanto en latín como en inglés. A Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda baséase en gran medida no relato de Xildas sobre as invasións anglosaxoas, e extrae as implicacións das teses da perda do favor divino polos britanos para suxerir que cambiase o seu favor cara aos agora cristiáns anglosaxóns.

Nas últimas fases do anglosaxón, os escritos de Xildas serven de modelo para o tratamento que Alcuin fai as invasións viquingas, en particular, das súas cartas relacionadas co saqueo de Lindisfarne no ano 793. A invocación de Xildas como exemplo histórico serve para suxerir a idea da reforma moral e relixiosa como remedio para as invasións. Así mesmo, Wulfstan de York baséase en Xildas para os seus sermóns.

Outras implicacións históricas[editar | editar a fonte]

O traballo de Xildas é importante por razóns máis aló da información histórica que el lles proporciona. No momento en que Xildas escribe, existía unha igrexa Cristiá en Britania. Xildas utiliza o latín para dirixirse aos gobernantes aos que increpa e considera aos britanos, polo menos en certo grao, como cidadáns romanos, pese ao colapso da autoridade imperial. En 597, cando Santo Agostiño chegou a Kent, Inglaterra estaba poboada polos anglosaxóns pagáns, e os novos gobernantes non se consideraban xa cidadáns romanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Who's Who in Roman Britain and Anglo-Saxon England. Shepheard-Walwyn. ISBN 0-85683-089-5. 
  2. Koch, p. 808.
  3. Gransden, p. 4.
  4. Gransden, p. 5.
  5. Ó Cróinín, Dáibhí and McCarthy, Daniel.
  6. Modelo:Harvcolnb, Daniel VII-3 – VII-7
  7. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, sections 28 and 29 (en inglés)
  8. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, sections 28 and 29 (en latín)
  9. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, section 30 (en inglés)
  10. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, section 30 (en latín)
  11. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, section 31 (en inglés)
  12. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, section 31 (en latín)
  13. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, section 32 (en inglés)
  14. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, section 32 (en latín)
  15. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, sections 33 – 35 (en inglés)
  16. Modelo:Harvcolnb, De Excidio, sections 33 – 35 (en latín)
  17. Modelo:Harvcolnb, A History of Wales, Vol.
  18. Modelo:Harvcolnb
  19. 19,0 19,1 19,2 The De Excidio of Gildas: Its Authenticity and Date. BRILL. ISBN 9004057935. 
  20. Modelo:Harvcolnb, A History of Wales, Vol.
  21. Modelo:Harvcolnb, A History of Wales, Vol.
  22. Modelo:Harvcolnb, A History of Wales, Vol.
  23. Sims-Williams, Patrick (2003), The Celtic Inscriptions of Britain: Phonology and Chronology, c. 400 – 1200, Oxford: Blackwell Publishers, pp. 342, 346 – 347, ISBN 1-4051-0903-3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]