David Gulpilil
David Gulpilil | |
---|---|
![]() David Gulpilil no 2006. | |
Nome completo | David Gulparil Gulpilil |
Nacemento | 1 de xullo de 1953 (67 anos) |
Lugar | Maningrida, Terra de Arnhem, Territorio do Norte, ![]() |
Nacionalidade | Australia |
Cónxuxe(s) | Robyn Djunginy (?-2003) Miriam Ashley (2004-presente) |
Profesión | Actor (1971-2010) |
http://www.gulpilil.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Gulpilil Ridjimiraril Dalaithngu (Gurlpilil tamén é lingüisticamente correcta aínda que ás veces tamén aparece nos créditos como David Gumpilil), nado o 1 de xullo de 1953 Maningrida, Terra de Arnhem, Territorio do Norte, é un actor australiano de ascendencia aborixe. O seu primeiro papel nun filme foi en Walkabout.
Biografía[editar | editar a fonte]
É un home yolngu, do grupo lingüístico mandhalpuyngu e de lingua djinba.[1] Cando era novo era un cumprido cazador, rastrexador, e bailarín cerimonial. A diferenza de moitos aborixes australianos da súa xeración, Gulpilil foi criado ó xeito tradicional sen influencias da cultura anglo-australiana. Tamén asistiu á escola da misión de Maningrida, Terra de Arnhem, mais cando acadou a idade axeitada, foi iniciado no grupo tribal dos Mandhalpuyngu. Despois de aparecer no seu primeiro filme, engadiu o inglés ás varias linguas tribais das que xa era un falante fluído.[2]
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Walkabout (1971)
- Mad Dog Morgan (1976)
- Storm Boy (1976), Fingerbone Bill
- The Last Wave (1977), Chris Lee
- The Right Stuff (1983)
- Crocodilo Dundee (1986), Neville Bell
- Until the End of the World (1991)
- Serenades (2001)
- Rabbit-Proof Fence (2002), Moodoo
- The Tracker (2002)
- The Proposition (2005)
- Ten Canoes (2006)
- Crocodile Dreaming (2007)
- Australia (2008), King George
- Satellite Boy (2012), Jagamarra
- Charlie's Country (2013), Charlie
- Goldstone (2016), Jimmy
- Cargo (2017), Daku
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Biography
- ↑ Arquivo Nacional de Australia 2008 http://.naa.gov.au/print_display.aspx?ObjectType=SingleRecordPrint&irecordid=1044[Ligazón morta].
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)
- David Gulpilil na IMDb (en inglés).