Ten Canoes
Ten Canoes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ten Canoes |
Director | Rolf de Heer Peter Djigirr |
Produtor | Rolf de Heer Julie Ryan |
Guión | Rolf de Heer |
Intérpretes | Jamie Gulpilil David Gulpilil |
Fotografía | Ian Jones |
Montaxe | Tania Nehme |
Distribuidora | Palace Films |
Estrea | 29 de xuño de 2006 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Australia |
Xénero | Drama |
Orzamento | A$2 200 000 |
Recadación | A$3 000 000 |
Na rede | |
Ten Canoes é un filme australiano dirixido por Rolf de Heer e Peter Djigirr que se estreou no 2006. O título do filme xurdiu dunha conversa entre Rolf de Heer e David Gulpilil sobre unha fotografía de dez homes en canoa vogando no Pantano Arafura, tomada polo antropólogo Donald Thomson[1] en 1936.[2] É o primeiro filme completamente rodado en linguas aborixes australianas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un home ensina ó seu irmán máis novo unha importante lección a través dunha antiga fábula. Como narrador, David Gulpilil Ridjimiraril Dalaithngu sitúa a historia dun grupo de homes liderados por Minygululu (Peter Minygululu) que están a reunir cortiza para a construción de canoas e recoller os prezados ovos dos Anseranas semipalmata.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Crusoe Kurddal é de Maningrida e fala gunwinggu. Outros actores e actrices son de Ramingining falan varios dialectos da familia Yolngu Matha.
- Crusoe Kurddal como Ridjimiraril
- Jamie Gulpilil como Dayindi/Yeeralparil
- Richard Birrinbirrin como Birrinbirrin
- Peter Minygululu como Minygululu
- Frances Djulibing como Banalandju
- David Gulpilil como Narrador
- Sonia Djarrabalminym como Nowalingu
- Cassandra Malangarri Baker como Munandjarra
- Philip Gudthaykudthay como curandeiro
- Peter Djigirr como Canoísta vítima/guerreiro
- Michael Dawu como Canoísta/o estraño
- Bobby Bunungurr como Canoísta/Tío
- Johnny Buniyira como Canoísta/guerreiro
- Gil Birmingham como Canoísta/guerreiro
- Steven Wilinydjanu Maliburr como Canoísta/guerreiro
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2006: Festival de Cannes: Premio do Xurado (sección "Un Certain Regard").
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Thomsom, Donald; Nicolas Peterson (ed.) (2006). Donald Thomson in Arnhem Land (Reprint ed.). Melbourne: Miegunyah Press. p. 249 p. ISBN 0-522-85205-X.
- ↑ Gibson, Joel (8 de abril de 2007). "Reclaiming the past can be personal". The Sydney Morning Herald. p. 2. Consultado o 9 de abril de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ten Canoes na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)