Antonio Alés Reinlein
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de decembro de 1905 Madrid |
| Morte | 1980 Ourense |
| 6 de novembro de 1967 – 20 de maio de 1970 – David Ferrer Garrido → Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
| 3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
| 31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
| 8 de outubro de 1959 – 18 de abril de 1961 ← Jose Rodríguez de Dios Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
| 29 de agosto de 1959 – abril de 1970 – David Ferrer Garrido → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, arquitecto |
| Premios | |
Antonio Alés Reinlein, marqués de Alta Gracia, nado en Madrid o 29 de decembro de 1905 e finado en Ourense en 1980, foi un arquitecto e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Arquitecto. Estableceuse en Ourense. Foi nomeado presidente da Deputación de Ourense o 29 de agosto de 1959. Permaneceu no cargo até abril de 1970. Foi presidente do Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1959-1970). Foi procurador en Cortes (1959-1970) en representación da Deputación de Ourense. Como arquitecto construíu o edificio A Torre de Ourense (1969).[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 1970.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Outeiriño, Maribel (19 de setembro de 2019). "Las letras del Hotel San Martín: Un poquito más de interés por el patrimonio". La Región (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "ALÉS REINLEIN, Antonio". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 85. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
- Río Vázquez, Antonio S. (2012). "Antonio Alés Reinlein y la modernización del territorio rural gallego". En José Ramón Alonso Pereira. Modernidad y contemporaneidad en la arquitectura de Galicia. Universidade da Coruña. pp. 63–83.
| Predecesor: José Rodríguez de Dios |
Presidente da deputación de Ourense 1959 -1970 |
Sucesor: David Ferrer Garrido |