David Batista
(2019) | |
| Nome orixinal | David Michael Bautista, Jr. |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | (en) David Michael Bautista Jr. 18 de xaneiro de 1969 Washington, D.C. |
| Outros nomes | Batista |
| Residencia | Os Ánxeles California |
| Educación | Wakefield High School (en) |
| Altura | 1.930 mm |
| Peso | 132 kg |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación cinematográfica, produción de cinema e deporte |
| Ocupación | loitador profesional (1999–2019), guionista, produtor de cinema, actor, loitador de artes marciais mixtas, deportista |
| Período de actividade | 1999 |
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
| Deporte | artes marciais mixtas loita libre profesional |
| Adestrado por | Afa Anoaʻi (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |


David Michael Bautista, Jr., máis coñecido como David Batista ou polo seu nome no ring, Batista, nado en Washington, D.C. o 18 de xaneiro de 1969, é un loitador norteamericano de raíces grecofilipinas. Batista é un loitador xeralmente louvado polo seu estilo de loita.
Spec Corpo
[editar | editar a fonte]- 190 centímetros de altura
- Peso 130 kg
- Sangue Tipo B
- Axencias (2012/02/02)
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Principio da súa carreira
[editar | editar a fonte]A carreira de Batista comezou cando coñeceu a Mr Perfect e a Road Warrior Animal nun congreso de fisicoculturismo. Batista intentou entrar na WCW, pero dixéronlle que endexamais triunfaría na loita libre. Probou sorte entón na World Wrestling Federation, onde o enviaron a traballar con Afa Anoai. Loitou na marca de Anoai, a WXW, baixo o nome de Kahn.
Debutou na Ohio Valley Wrestling (OVW) no 2000, unindo as súas forzas con Synn. Durante o tempo que estivo na OVW usou o nome de Leviathan. Como membro dos Discípulos de Synn mantívose como gañador ata que foi vencido pola superestrela da OVW, Christmas Chaos, que non é outro que a actual superestrela da WWE Kane. Máis tarde, Batista gañaría o título de Peso Completo da OVW contra The Machine. Tras perder o campionato con The Prototype, Synn creu que Batista estaba a se volver demasiado independente e vendeuno ó Reverendo D-Von, sendo este o seu paso á WWE World Wrestling Federation.
Carreira na WWE
[editar | editar a fonte]David Batista comezou a súa carreira na WWE no episodio de SmackDown! do 9 de maio de 2002. Presentouse baixo o nome de Deacon Bautista, como colaborador de Reverendo D-Von. O seu primeiro combate foi por parellas, e xunto a D-Von venceu o duelo de Randy Orton e Faarooq, usando o seu golpe Spinebuster. Finalmente acabou separándose de D-Von, e volveu a 'Raw', cambiando o seu nome polo que é coñecido actualmente.
Despois de acadar unha reputación de "monstro" a través de combates nos que esmagou a outros loitadores, incluíndo un no que atacou maliciosamente a Tajiri, enviándoo ao hospital, Batista uniuse a Ric Flair no feudo que este tiña contra Kane. O debut de Batista nun PPV foi en Armageddon 2002, en Fort Lauderdale, Florida, onde venceu.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Oficial
- Perfil en WWE.com Arquivado 14 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- Perfil en OWW