David Albahari
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de marzo de 1948 Peja (República Federal Socialista de Iugoslavia) |
| Morte | 30 de xullo de 2023 Belgrado (Serbia) |
| Lugar de sepultura | Sephardic Jewish cemetery Belgrade (en) |
| Educación | University of Belgrade Faculty of Philology (en) Zemun Gymnasium (en) University of Belgrade Faculty of Philosophy (en) Universidade de Belgrado (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actividade literaria e actividade tradutora |
| Ocupación | tradutor, escritor, lingüista, poeta |
| Período de actividade | 1973 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Poesía |
| Influencias | |
| Familia | |
| Fillos | Natan Albahari |
| Premios | |
| |
David Albahari, nado en Peć (Kosovo) o 15 de marzo de 1948 e finado en Belgrado o 30 de xullo de 2023,[1] foi un escritor serbio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia xudía sefardí cuxa lingua é o serbocroata. Máis tarde, viviu en Zemun preto de Belgrado. Logo dos seus estudos de lingua e literatura anglo-americana, comezou unha carreira como escritor en 1973 e fíxose coñecido grazas ás novelas posmodernas ao estilo de Danilo Kis.
Fuxiu do país en 1994 e pasou a vivir en Calgary (Canadá), onde continuou escribindo en serbio. Residiu alí ata 2012 en que volveu a Belgrado.
Publicou oito novelas e oito libros de contos, algúns dos cales traducidos en doce linguas. A súa novela A descrición da morte gañou o premio Ivo Andrić en 1983. Tamén traduciu as obras de moitos escritores ingleses ao serbio.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sudija Dimitrijević, 1978.
- Cink, 1988.
- Kratka knjiga, 1993.
- Snežni čovek, 1995.
- Mamac, 1996.
- Mrak, 1997.
- Götz e Meyer, 1998 (Gec i Majer, traducida ao galego por Jairo Dorado Cadilla, 2010).
- Svetski putnik, 2001.
- Pijavice, 2006.
- Marke, 2006.
- Ludvig, 2007.
- Brat, 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Preminuo književnik David Albahari". N1. 30 de xullo de 2023. Consultado o 30 de xullo de 2023.