Cabriña
Cabriña | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
Davallia canariensis (L.) Sm. |
A cabriña[1][2] (Davallia canariensis) é unha especie de fento isospóreo vivaz pertencente á familia Davalliaceae. Ten unha distribución moi reducida, porén aparece en Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un fento perenne, con soros arredondados no envés das frondes, esporanxios esferoidais con anel lonxitudinal. Rizoma de até 15 centímetros, páleas lanceoladas de cor acastañada. Frondes con pecíolo de igual lonxitude que a lámina e de cor castaña, lámina tri ou tetrapinnada.
Este fento adoita vivir de xeito epífito mais ás veces, en condicións de humidade moi altas pode ser atopado sobre as pedras ("hábito saxícola") ou sobre o chan ("hábito terrestre").
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A súa distribución comprende as Illas Canarias, Galiza (por exemplo no Monte Pindo[3]), Asturias, sur de Andalucía, oeste de Portugal e a illa de Madeira e partes de Marrocos.
Davallia:xénero dedicado a Edmund Davall (1826-1900), botánico suízo.
canariensis: do arquipélago canario, no seu sentido máis amplo, aínda que a especie non é exclusiva das illas, sendo por exemplo propia de Galiza igualmente.
- Polypodium lusitanicum L.
- Trichomanes canariense
- Trichomanes canariensis L.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 94 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
- ↑ E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ http://www.montepindo.org/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cabriña |