Danijel Pranjić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pranjić
Miniatura
Pranjić en 2009
Información persoal
Nome completo Danijel Pranjić
Nacemento 2 de decembro de 1981 (37 anos)
Lugar Našice, Croacia
Altura 1.71 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Panathinaikos
Número 32
Carreira xuvenil
1998–2000 NAŠK
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Osijek 53 (3)
2004–2005 Dinamo Zagreb 29 (2)
2005–2009 Heerenveen 128 (32)
2009–2012 Bayern de Múnic 55 (1)
2012–2013 Sporting de Lisboa 9 (1)
2013Celta (cedido) 10 (0)
2013– Panathinaikos 54 (9)
Selección nacional
2002–2004 Croacia sub-21 15 (1)
2004– Croacia 58 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 31 de agosto de 2015.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 3 de setembro de 2015.

Danijel Pranjić, nado en Našice o 2 de decembro de 1981, é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Panathinaikos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como lateral ou centrocampista zurdo nas categorías inferiores do NK Osijek, debutando no primeiro equipo o 26 de xullo de 2002.

Ao cabo de dous anos ficha polo NK Dinamo Zagreb, co que debuta na Copa da UEFA. As súas boas actuacións nesta competición levano a fichar polo SC Heerenveen da Eredivise dos Países Baixos. No equipo holandés militou catro tempadas a moi bo nivel, proclamándose campións da Copa na tempada 2008-09 e sendo nomeado mellor xogador de Holanda.

No ano 2009 fichou polo Bayern Múnic, militou no club bávaro tres tempadas, disputando dúas finais da Copa de Europa.

En 2012 finaliza contrato co Bayern e ficha polo Sporting de Lisboa, porén non chega a adaptarse ao equipo, que pasaba por un dos peores momento deportivos en moitos anos, e foi cedido no mercado de inverno dese mesmo ano.

Así fichaba polo Celta de Vigo en xaneiro de 2013 en calidade de cedido con opción de compra a final de tempada.[1]

Coa Selección de fútbol de Croacia disputou 45 encontros co combinado absoluto, participando na Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 como titular.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]